19 dic 2012

Un bosque de poesía

Seguindo a traballar coas árbores, plantas e animais, propúxose buscar poesías que tivesen como eixo central esta temática.
Unha vez seleccionadas estas poesías escribíronse nun folio (a man ou no ordenador) e recortouse formando a silueta da folla dunha árbore  colgándose finalmente nas árbores que estaban expostas ao longo do corredor do 1º andar.Así formamos o noso BOSQUE DE POESÍAS.
Ademáis de seleccionar e copiar poesías orixinais tamén se elaboraron de xeito individual e colectivo poesías empregando os adxectivos cualificativos traballados na actividade anterior ( mural de adxectivos cualificativos).

Aquí podedes ver imaxes do noso bosque de poesía.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...