19 dic 2012

Mural adxectivos cualificativos

O Equipo de EDL en colaboración coa Biblioteca propuxo facer un mural que se colocou no 1º andar ao lado da sala de profesores co seguinte lema:

AS PLANTAS MEDRAN,
OS ANIMAIS CAMBIAN...
A LINGUA PERMANECE!

Dado que nestes meses de outubro, novembro, decembro e tamén xaneiro estaremos a traballar temas comúns relacionados coas plantas e animais, propuxemos buscar adxectivos cualificativos para plantas e animais.
Nunha primeira semana (a data estableceuna o EDL) os alunos/as do 1º ciclo buscaron 21 adxectivos (7 por clase e 3 máis suplentes por si se repiten noutra clase).
Na semana seguinte os do 2º ciclo terían que aportar outros 20 máis despois de lidas as propostas do 1º ciclo.
Finalmente o 3º ciclo fará o mesmo tras ver os adxectivos aportados polo 1º e 2º ciclo.
Estes adxectivos iranse escribindo en tarxetas de cartolina de distinta cor para cada ciclo e logo pegaranse con velcro nunhas siluetas de árbore-planta e animal, preparadas para tal fin no mural do corredor do 1º andar.

Posterioremente nas clases faranse traballos con este vocabulario: dende frases ata rimas para posteriormente facer poesías (individuais ou colectivas).


Así nos está quedando o noso mural. ¡Gústavos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...