19 dic 2012

Recomendacións de lecturas


Chega o Nadal.

Un tempo propicio para a lectura e os agasallos.
Para orientarvos na elección de lecturas, o  Equipo de Biblioteca , en colaboración con outros Equipos de Bibliotecas dos colexios do Val Miñor, seleccionamos algunhas das moitas que nos ofertan as editoriais e elaboramos unhas tarxetas coas portadas dos libros seleccionados. No noso cole entregaremos dous modelos de tarxetas, unha con recomendacións axeitadas ao 1º ciclo e outro, coas recomendacións para o 2º e 3º ciclo. Na parte posterior das tarxetas aparecen os títulos axeitados a cada idade, a editorial e autor de cada libro. Ademáis podedes ver o nome dos colexios que participaron na realización das mesmas.

Esperamos que o que temos escollido resulte do voso agrado. 

Felices Lecturas polo Nadal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...