19 feb 2020

Recompilación de contos e libros ilustrados para gozar coa lectura do entroido






“ É tempo de Entroido” Ramón D. Veiga e David Sierra, Xerais. As coloridas ilustracións e as rimas fan un percorrido polos distintos entroidos tradicionais galegos e as comidas típicas destas datas. Para nenos/as de cinco a oito anos.

“ O tío Lobo” Xosé Ballesteros e Roger Olmos, Kalandraka. Carmela é unha nena moi larpeira, a súa nais vaille preparar unas chulas de entroido pero tenlle que pedir prestada a tixola ao Tío Lobo. Un conto de medo e de humor cun final inesperado. Para nenos e nenas de cinco a oito anos.

Grisela”Anke de Vries e Willemien Min, Kalandraka. Grisela é unha ratiña que non se sinte ben co seu aspecto, proba a pintarse de distintas cores, con raias, con flores. Conseguirá sentirse mellor? Para nenas e nenos de tres a seis anos.

“ Mis amigos monstros” Kókinos. Todas as noites unha nena disfrazábase de tigre, dragón ou xigante para protexerse dos temibles monstros que se coloban no seu cuarto. Para nenas e nenos de cinco a sete anos.

“Sirenas” Jessica Love, koninos. A Julían gústanlle moito as seres, cunha planta, unas flores e unha cortina faise un fermosao disfraz. Un albúm ben ilustrado, que non xuzga nin condena, que respeta o desexo de cada un de ser o que soña e elixe.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...