18 feb 2020

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, 11 de febreiro


A brecha de xénero na Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería e as Matemáticas ( STEM) mantense en todo o mundo desde hai anos, a pesar de que a participación das mulleres nas carreiras de grao superior creceu enormemente.

Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

A aula é un ámbito  importante no que combater a brecha de xénero en Ciencia e tecnoloxía. As alumnas de hoxe son as científicas e as  tecnólogas de mañá. Que elixan estudar ciencia pode depender en gran medida de que hoxe coñezan mulleres científicas e os seus logros, de que teñan roles femininos nos que poder verse reflectidas.

Aquí unha pequena mostra da investigación feita polo alumnado sobre as mulleres na ciencia.



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...