29 oct 2018

Día das bibliotecas escolares



O  día 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas, para tal data fixemos a actividade  "Recoméndoche”. Esta actividade consiste en debuxar unha portada dun libro, poñendo título, autor/a , editorial que cada alumno/a recomenda aos seus compañeiros/as.

A finalidade é que cada alumno/a reflexione acerca dun libro que lle recomendaría aos demais.
Todas as achegas de cada clase se expuseron nun mural.










Outra actividade que fixemos para celebrar o día da bibliotecas,  foi levada a cabo por seis alumnos/as de 6º e 5º para o alumnado de 1º e 2º. A actividade fíxose  na biblioteca.
  • Primeiro, dous alumnos/as dos cursos superiores, explicaranlles o funcionamento da biblioteca e as normas da mesma.
  • Entregaranlle ao alumnado de 1º os carnes da biblioteca.
  • Por último, leranlles un conto.
Realizouse entre a primeira hora e a segunda hora da mañá do mércores 24 de outubro.
  • 9: 35 h - 10:00 h       1ºB-6ºB Lectura : A miña amiga a escuridade.

  • 10: 05h -10:25 h       2ºB- 5ºB Lectura: Crocodilo namorado.
  • 10 :30 h - 10: 55 h    A- 6ºA Lectura: Pollito tiene varicela.
  • 11:00 h- 11:20 h        2ºA-5ºA Lectura: Quen lle ten medo á bruxa?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...