24 oct 2018

A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila.



 Este ano o lema que se lle propón as bibliotecas escolares  é POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR .

 A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico , nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima... 




 Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que esta pegado polo noso colexio, a ver se adiviñades cantos hai.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...