26 feb 2018

O día de Rosalía de Castro




Dende o equipo de dinamización lingüística e o equipo de biblioteca, para festexar o día de Rosalía de Castro levamos a cabo un reparto de flores. As flores foron feitas polos alumnos/as e cada unha levaba escrito un poema da escritora. Por niveis estaban repartidas as cores e os alumnos/as tiñan que regalar a súa flor a outro compañeiro/a e recitarlle o poema que nela levaban escrito. Desta maneira o alumnado coñecía poemas de Rosalía ao mesmo tempo que gozaba co agasallo dunha flor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...