15 feb 2018

Día mundial do cancro infantil


Hoxe,15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil co obxectivo de concienciar á sociedade sobre esta enfermidade e para tratar de que todos os nenos/as do mundo teñan acceso a un diagnóstico e tratamento adecuados.

O lazo dourado simboliza o cancro infantil. Dendo o noso centro en colaboración coa asociación Bicos de Papel, queremos expresar o noso apoio e solidariedade na loita contra o cancro infantil, realizando un acto no patio todos e todas levamos un lazo dourado na cabeza para facer a silueta dun lazo, e así concienciar e sensibilizar á sociedade e a nós mesmos, sobre o duro que é loitar con esta enfermidade para os nenos/as enfermos de cancro e as súas familias.





Déixovos o video da fundación Juegaterapia, co que lanza a campaña "Resistirei" da que como sempre son protagonistas os máis pequenos.






Aquí tendes o conto de"Lina", cunhas bonitas metáforas sobre a vida e o afán de superación do cancro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...