2 abr 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen.

 O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 


A MÚSICA DAS PALABRAS


Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.

Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,

paxaros voadores e elefantes trompeteiros,

ríos que flúen, fervenzas que caen,

bolboretas que viran

alto no ceo!

As palabras convídannos a bailar

ritmos, rimas, latexos do corazón,

cascos e bater de ás, contos antigos e novos,

fantasías e verdades.

Esteas cómodo na casa

ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra

e unha lingua estraña, as historias e poemas

perténcente.

Cando compartimos palabras, as nosas voces

vólvense música do futuro,

paz, alegría e amizade,

unha melodía

de esperanza.

Por Margarita Engle


A sección patrocinadora deste ano é EEUU que difunde a mensaxe de Margarita Engle, lustrada por Roger MelloA música das palabras

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de María Canosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...