Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos unha actividade para todas as clases chamada "EMOcorreo". Os dous obxectivos fundamentais son:
- Por unha banda, fomentar o uso do galego a través de mensaxes que o alumnado envía libremente a compañeiros/as da mesma ou doutras clases, ou a padriños e madriñas que teñen asignados/as (para garantir que todo o mundo teña unha mensaxe)
- E a expresión das súas emocións a través de ditas mensaxes, dada a gran importancia que cobran os sentimentos no momento actual que estamos a vivir.
Todas as caixas de correos pasan unha corentena antes de ser repartidas.
Parabéns ao equipo de DLG por esta fabulosa idea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario