Neste momento as bibliotecas comezan a funcionar, despois destes meses de parón debido o estado de alarma.
A nosa aínda non pode abrir, por iso queremos compartir e informar de algúns recursos literarios que tendes á vosa disposición a través da rede,
A nosa aínda non pode abrir, por iso queremos compartir e informar de algúns recursos literarios que tendes á vosa disposición a través da rede,
A Xunta de Galicia abriu ó público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras, e a través da plataforma Galicia Le, podedes acceder en préstamo a tódolos contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Premede na imaxe para acceder.
Para acceder a estes contidos é necesario que vos rexistredes (se non o estades xa), cubrindo os vosos datos persoais
O podedes facer dándolle clic a imaxe para acceder a páxina.
Tamén temos moitas editoriais que están realizando propostas interesantes de animación á lectura así como de outra índole, destinadas a un público infantil e xuvenil.
Queremos compartir con vós algunhas delas como a de Kalandraka TV, que ofrece contacontos en galego e castelán, así como cancións, entrevistas con autores e autoras, recomendacións lectoras e moitas cousas máis que podedes consultar premendo na seguinte ligazón:
A editorial OQO tamén ofrece sesións diarias de contacontos para os máis peques, a través das sesións de CONTOS EN PIXAMA que podedes gozar visualizando os vídeos que colgan en Youtube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario