31 mar 2020

Día da muller na biblioteca.

Polo Día da Muller, tiveron lugar unha serie de actividades de concienciación sobre 
relevancia das mulleres en campos recoñecidos, normalmente, como do xénero 
masculino.
 Mulleres destacadas en diferentes ámbitos profesionais, acudiron ao noso centro 
para falarnos das barreiras que tiveron que superar para chegar ata onde hoxe en día 
se encontran.

O alumnado do 1º e 2º, 3º e 4º, tivo a sorte de contar con Luisa Martínez Lorenzo, 
científica e autora do libro "Puf! Vaia peido". Falounos dos personaxes de ciencia ficción 
cun perfil científico, e que habitualmente, son personaxes masculinos. O espazo elixido para 
levar a cabo a charla foi a biblioteca.




     Os maiores, gozaron da magnífica charla impartida por Mª África González Fernández,
 directora do Centro de Investigacións Biomédicas e Catedrática de Inmunoloxía da
 Universidade de Vigo. Ofreceunos información moi relevante sobre avances médicos e 
contounos infinidade de anécdotas e curiosidades da súa vida, o que a levaron a exercer a 
súa profesión. O espazo elixido para esta charla tamén foi a biblioteca.




Grazas a estas dúas mulleres, que sen dúbida, son un exemplo de loita por facerse visibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...