15 feb 2020

Día da NON VIOLENCIA E A PAZ





         Dende O CEIP Valle Inclán de Vigo, animáronnos a colaborar nesta iniciativa, aportando grúas de papel con desexos, que despois de expostos no seu centro, se enviaran o 6 de  agosto a Xapón, data escollida por ser o día do bombardeo de Hirosima e lembrar que estas barbaridades non se poden repetir.

         As mil grúas de origami  convertéronse nun símbolo da paz por mor da historia de  Sadako  Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica que caeu sobre  Hiroshima. Tras o consello da súa amiga  Chizuko, e mentres estaba no hospital, decidiu que faría 1.000 grúas de papel. Pensou que o seu desexo non só sería para curarse, senón tamén para que todo o mundo puidese vivir en paz e non houbese máis guerras.  Sadako non puido superar a súa enfermidade e tampouco acabou de facer todas as grúas (tivo que deterse na 644). Pero  Chizuko e moitos outros amigos chegaron a facer as 1.000 grúas, que desta forma, convertéronse nun símbolo da paz en todo o mundo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...