5 dic 2018

ACTIVIDADES DA SEMANA DA CULTURA

A semana pasada gozamos duns días cheos de emocións gracias a todas as actuacións que tivemos de profesionais de fóra e tamén do propio centro, o noso alumnado, aqui vós deixamos un vídeo cunha pequena mostra de todo o que se fixo.

Actuación do mago Javier Muro cun espectáculo ameno e divertido que busca constantemente a interacción co alumnado.
Durante unha xornada tivemos a sorte de contar no colexio coa orixinal FURGOLIBRO de Nieves Loperena, unha incansable viaxeira que vai fomentando a lectura alí por onde pasa. A súa biblioteca ambulante está chea de libros de todas as temáticas, autores e épocas, o que fai posible satisfacer os diversos intereses dos seus usuarios.
Contos medioambientais e de amor pola natureza, así coñecemos hoxe ao contacontos chantandino Anxo Moure, que coa súa particular indumentaria, chegou aos nosos corazóns a través dos seus contos.


Neste vídeo vemos a gran actuación do alumnado de sexto en contra da violencia de xénero, o fixérono xenial, sodes uns artistas.


Gracias ao alumnado de 5º A puidemos coñecer costumes doutros países, xa que gozamos dos seus monólogos interculturais, fixérono maravillosamente.



E por último o alumnado de 5º B representou o conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"  con sombras chinescas, fixérono estupendamente a seguir así.





PARABÉNS A TODAS E TODOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...