12 dic 2018

A nai de Enzo, Olga, deleitanos coa súa lectura


Hoxe tivemos a sorte de contar coa nai de Enzo, Olga, que nos contou o libro " ¿ Le puede pasar a cualquiera?"

Muchas gracias por vir fixéchelo xenial Olga.








10 dic 2018

MÉRCORES 12, CONTAMOS COA LECTURA DA NAI DE ENZO DE 2ºB


ANIMACIÓN Á LECTURA COAS FAMILIAS



Este ano queremos animar as familias para que nos veñan contar, interpretar, narrar, recitar... libros, contos, poemas, historias...

Os mércores nos recreos todas/os podédesvos achegar á biblioteca para gozar destes artistas.
Os primeriros valentes foron os pais de Daniela  de 3º B que nos contaron o libro " Las princesas también se tiran pedos"; Daniela tamén participou e o fixo xenial.







9 dic 2018

Novembro mes da ciencia en galego nas bibliotecas



Son moitas as bibliotecas dos centros educativos que aproveitan este mes de novembro para difundir os seus recursos no ámbito científico propoñendo actividades de ciencia ao alumnado. 

E este ano non quixemos faltar, polo que o alumnado de 1º e 2º no seu obradoiro de experimentos fixeron un volcán xunto coa mestra Noelia, están feitos uns grans científicos neste vídeo o demostran.





5 dic 2018

ACTIVIDADES DA SEMANA DA CULTURA

A semana pasada gozamos duns días cheos de emocións gracias a todas as actuacións que tivemos de profesionais de fóra e tamén do propio centro, o noso alumnado, aqui vós deixamos un vídeo cunha pequena mostra de todo o que se fixo.

Actuación do mago Javier Muro cun espectáculo ameno e divertido que busca constantemente a interacción co alumnado.
Durante unha xornada tivemos a sorte de contar no colexio coa orixinal FURGOLIBRO de Nieves Loperena, unha incansable viaxeira que vai fomentando a lectura alí por onde pasa. A súa biblioteca ambulante está chea de libros de todas as temáticas, autores e épocas, o que fai posible satisfacer os diversos intereses dos seus usuarios.
Contos medioambientais e de amor pola natureza, así coñecemos hoxe ao contacontos chantandino Anxo Moure, que coa súa particular indumentaria, chegou aos nosos corazóns a través dos seus contos.


Neste vídeo vemos a gran actuación do alumnado de sexto en contra da violencia de xénero, o fixérono xenial, sodes uns artistas.


Gracias ao alumnado de 5º A puidemos coñecer costumes doutros países, xa que gozamos dos seus monólogos interculturais, fixérono maravillosamente.



E por último o alumnado de 5º B representou o conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"  con sombras chinescas, fixérono estupendamente a seguir así.





PARABÉNS A TODAS E TODOS

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...