15 nov 2018

Libros novos na biblioteca


Ao longo destes meses fixemos unha verdadeira labor de concienciación para contar con máis espazo para os novos libros, fixemos expurgo, é dicir quitamos aqueles libros que xa non leíades, para pouco a pouco ir mercando libros que vós animen a ler, a investigar, a soñar aínda máis.

Como xa todas e todos sabedes este ano no colexio estamos investigando sobre a interculturalidade e a convivencia, por iso os libros novos que mercamos son relacionados con este tema, aquí tendes algúns deles para que vós animedes a botarlles unha gran ollada.




Pecas pregúntase por que hai xogos para nenos e outros para nenas. E cortes de pelo, cores, roupa e… ata contos que son para nenos e outros para nenas! Atopará unha resposta?




Se eu puidese redibuxar o mundo… Con esta frase, o autor revela os seus soños de conseguir un mundo mellor, no que todos os seus habitantes puidesen dar renda solta a súa imaxinación . Acompañada dunha preciosa cartografía e un fermoso texto poético.






O vermello a un lado! O azul, ao outro!
Os príncipes Gastón e Gedeón repártense o reino mandando construír dous sólidos muros. Esta fronteira prohibe todo contacto entre os habitantes de ambos os lados. Con todo, os nenos non están dispostos a aceptar que os seus familiares e amigos queden divididos, e grazas a eles achan a solución para reunirse de novo. Unha bonita historia que nos ensina que coas pedras dos muros poden construírse pontes.







Ninguén sabe que lle pasa exactamente a Uma, pero todos os demais pensan que é rara, por iso íllase e prefire pasar soa o tempo do recreo. Por sorte a súa mestra dá coa clave… E é que Uma necesita unha axuda para darse conta de que “os demais” non existe. Unha mirada esperanzadora achega do acoso escolar.

Aquí tendes unha foto coas NOVIDADES, esperamos que vós gusten.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...