25 ene 2018

VAILLE CO CONTO NO RECREO.

   Dende o equipo de biblioteca pensamos que o recreo é para correr, xogar , saltar, rir, esconderse, bailar, brincar..., pero, por que non tamén para escoitar unha lectura da voz das nosas voluntarias/os; por iso os martes imos  a levar a cabo a actividade:
" Vaille co conto no recreo".

   Os voluntarios/as da biblioteca van preparar unhas lecturas para lerllas a quen queira escoitalas e gozalas, só se pide silencio e ganas desfrutar coas historias. 
   Pódese animar a ler quen o desexe:  os mestres, o alumnado, o conserxe, a coidadora ...
Esperemos que vós guste a actividade e que vós motive a querer a lectura se cabe aínda máis.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...