31 oct 2016

Presentación do libro "Contos Pequenos" de Victoriano Taibo

O CEP "Xosé Neira Vilas" na presentación do libro "Contos pequenos" de Victoriano Taibo
O domingo 30 de outubro do 2016 o alumnado de 6º curso participou, xunto con nenos e nenas doutros colexios da contorna, na presentación do manuscrito“Contos pequenos”do escritor e mestre Victoriano Taibomembro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.
O acto desenvolveuse no auditorio Lois Tobío de Gondomar e estivo organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns.
Os nosos alumnos e alumnas traballaron nas aulas cos contos titulados "A noz" e "O lagarto e mailo sapo", aos que lles fixeron algunha adaptación para seren representados durante este acto.

Nos seguintes enlaces tedes máis información, fotos e o vídeo completo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...