24 oct 2016

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Hoxe luns 24 de outubro é o día das Bibliotecas e para non esquecer tan importante data...o equipo de biblioteca entregou entre o novo alumnado os seus carnés de usuarios da biblioteca escolar para que poidan facer uso da mesma.

Tamén tiñamos preparada unha sorpresa, unha nova actividade que se puxo en marcha hoxe coa colaboración do equipo de voluntarios da biblioteca.
A actividade chámase BIBLIO-PATIO e consiste nun carriño  que percorrerá o patio durante os recreos con libros de diversas temáticas para que o alumnado que o desexe poida ler no tempo dos recreos.
O BIBLIO-PATIO sairá todos os luns e xoves.
Así é o noso BIBLIO-PATIO, esperamos que a actividade vos guste e teñamos moitos lectores.




Feliz día das bibliotecas!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...