28 sept 2016

BENVIDA CURSO 16/17


Ola amigos e amigas!

   Comezamos un novo curso escolar!

Unha nova oportunidade para construír, para crear, para aprender, para investigar, para medrar, para escribir... 

E como non para LER!




Peiti e Eiros escribimos  esta  carta para animarvos a traballar e ler moito neste novo curso que comeza, e para ofrecervos a nosa casa, a biblioteca, para ler e soñar, facer os deberes, consultar e investigar con todos os libros que temos aquí. Lembrade facer un uso correcto dos recursos, tanto se os utilizades aquí como na casa, son de todos e todas; e, non esquezades devolvelos  antes da data límite de préstamo do libro. Cando queirades levar ou devolver un libro, tede conta de facelo ao chegar e non deixalo para o final, para evitar que se vos olvide .

Estamos esperándovos!   
         

Un saúdo Peiti e Eiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...