13 oct 2016

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Ao longo de toda esta semana e ata o venres da vindeira, Peiti e Eiros convocan a todo o alumnado de 5º e 6º de primaria para formar parte do Equipo de Axudantes de Biblioteca.

Os membros deste equipo axudarán durante o tempo de recreo (cando sexa necesario) en  tarefas como:

  • Organización e recolocación dos andeis.
  • Forrado e arranxo de libros.
  • Recomendacións de libros aos compañeiros ,elaboración de murais e invitacións as diferentes actividades.
  • Presentación de celebracións
  • Entrega de premios das actividades convocadas.
  • Actividade de Biblio Patio
  • E outras moitas actividades!!!!!


Os interesados podedes apuntarvos na biblioteca indicando o voso nome completo e o curso.

Contamos coa vosa colaboración.

Peiti e Eiros e o Equipo de Biblioteca






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...