11 ene 2016

Caixa Viaxeira

CAIXA VIAXEIRA

Continuando coa súa visita aos coles do Val miñor, chegou ao noso cole A CAIXA VIAXEIRA .
Esta caixa ven cheíña de libros con recomendacións feitas por nenos e nenas de todos os coles participantes nesta actividade. ademáis ven acompañada dun mapa do Val miñor no que aparecen sitúados os coles da zona e as sús mascotas de biblioteca para que poidades xogar con elas e colocalas nos coles correspondentes.
Deixovos unhas fotografías para que vexades...


  




Durante un tempo vai permanecer no cole para que poidamos ler e facer actividades con este material na sesión de biblioteca que cada aula ten asignada semanalmente.

Comezaremos polas aulas do 1º Ciclo.

Seguro que faremos cousas moi interesantes.

Un saúdo a tod@s e recordarvos que podedes deixar os vosos comentarios ao pe desta entrada se queredes...







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...