16 abr 2015

HAI UNS VERSOS PARA MIN?

Para conmemorar o día da poesía o Equipo de Biblioteca suxeríu unha actividade chamada: HAI UNS VERSOS PARA MIN?. Esta actividade realizouse na hora de biblioteca que cada curso ten asignada e consistiu en que cada alumno seleccionou un libro de poesía  e despóis de lelo elixiu o  poema ou poesía que máis lle gustou.
A continuación entregámoslle unha ficha na que ecribiu a poesía seleccionada, indicando o nome do autor e o nome do libro no que a atopou. Despóis dobrou a ficha e metérona nun sobre de color no que debían por: PARA UNHA PERSOA ESPECIAL e deixalo dentro dunha caixa rotulada para tal fin.
As cartas son anónimas de modo que cada alumno na semana seguinte foi a biblioteca para ver se había uns versos para eles. Cada alumno elixiu un sobre  de entre todos os que había na caixa e leu a súa poesía agasallo recitándose na clase para todos.
Podedes ver algunhas fotos da actividade.

Ollando e seleccionando o libro 
lemos e eleximos a poesía


Escribimos a poesía elexida na ficha

Metemos a poesía no sobre
Deixamos o sobre na caixa( un montón de sobres de cores)


Vemos se hai versos e escollemos un sobre (o que máis nos guste)

Abrimos o sobre e atopamos o noso poema agasallo.


entre todos SEMENTAMOS POESÍA NO COLE"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...