19 abr 2013

Preparando o día do libro

Que celebraremos o vindeiro martes, 23 de abril.

Adicaremos a xornada ós Apadriñamentos lectores. Xa cada padriño coñece ó seu afillado, e está a preparar con esmero o seu conto. Pero, ademais, como queremos que esta data teña unha relevancia especial estamos a realizar outras actividades.
1º DIME QUÉ LES: Cada alumno do colexio realizou o debuxo da portada do seu libro favorito e un pequeno resumo na parte posterior.



Estes libros colocáronse adornando os corredores do centro.

2º Representación da obra de teatro"AY, CUÁNTO ME QUIERO", que o alumnado do obradoiro do 2º ciclo representará para os seus compañeiros. Está baseada no libro "Ay, cuánto me quiero" de Mauricio Pardes
da editorial Alfaguara.
3º Exposición de "LIBROS FEITOS POLO ALUMNADO" , na que recollemos todos aqueles libros que os alumnos foron elaborando ó longo destes trimestres.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...