17 dic 2012

Obradoiro de poesía

O Xoves 13 de decembro, dentro da celebración da Semana Homenaxe a nosa compañeira Josefa Fernández Fontenla, tivemos no colexio un obradoiro de poesía para todo o alumnado a cargo da poetisa "Marta Dacosta".
A actividade desenrolouse ao longo de toda a mañá en tres sesións nas que se dividiu o alumnado nos tres ciclos(1º;2º e 3º).
Resultou unha actividade moi interesante xa  que no cole se estivo traballando coa poesía e con este obradoiro puideron comprobar que a poesía é algo próximo, que está presente nas nosas vidas.
Ademáis participaron na elaboración dos seus propios pemas. Cada ciclo coa axuda de Marta, propuxo palabras sobre a temática que se estaba tratando e posterioremente elaboraron o seu poema.
Os traballos resultantes deste obradoiro pódense ver pinchando no seguinte enlace cepneiravilas.blogaliza.org

Aquí podemos ver os alunmos/as durante o obradoiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...