24 oct 2012

"DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR"

  "DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR"


   


Como ven sendo habitual o 24 de outubro  celebramos o día das bibliotecas escolares.Este ano co lema 
"A BIBLIOTECA ESCOLAR,ACELERADOR DE INNOVACIÓN".









No cartaz que se amosa faise referencia a diversos intrumentos que nos permiten acceder ao mundo do saber e nos axudan a construír coñecemento. Confírmase neste contexto, a Biblioteca escolar como un espazo privilixiado para integrar estes medios en prácticas pedagóxicas activas e acordes ás necesidades do alumnado que se forma nas nosa aulas.
Para a conmemoración desta data dende o Equipo de Biblioteca elaboraranse unha serie de actividades de Formación de Usuarios, adaptadas a cada ciclo que se realizarán ao longo da vindeira semana.
Estas actividades teñen como obxectivo:
  1. Dominar o espazo da Biblioteca e as súas seccións.
  2. Coñecer e comprender o sistema de ordenación de documentos segundo a CDU (Sistema de Clasificación Decimal Universal).

¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...