18 dic 2019

Un Nadal con xoguetes sen estereotipos de xénero



  Queremos sumarnos a esta campaña da Diputación de Pontevedra, que busca romper "o muro dos prexuízos" reinvindicando un Nadal con xoguetes sen estereotipos de xénero.

  Queremos xoguetes que fomenten a igualdade, o respecto e a inclusión. 

  O respecto a elixir un xoguete sen condicionantes, sen temor e expresando o que senten,  xoguetes cos que elas e eles sexan felices, que lles enriquezan;  xa que os xogos son ferramentas  para unha educación basada na liberdade e na igualdade. 


16 dic 2019

HORA DE LER



Un tempo para a lectura libre no horario lectivo. No noso centro todas e todos lemos depois do recreo. Aquí unha pequena mostra do sumerxidos/as que estamos nas nosas historias.


2 dic 2019

Feira de libros por sementes e/ou alimentos non perecedoiros


Despois dunha expurgación exhaustiva, retirando aqueles libros que non cumprían as condicións para formar parte da  nosa colección: Fondos deteriorados onde non era posible a súa reparación, fondos obsoletos e fondos que non resulten pertinentes na colección  porque xa non interesaban os usuarios e usuarias e non eran acordes cos obxectivos do centro. 
 Decidimos facer con todos eses libros unha feria para intercambialos por sementes de tempada para a nosa querida horta ou por alimentos non perecedoiros para colaborar coas familias máis necesitadas durante este Nadal. 
Grazas a todos e todas pola vosa desinteresada colaboración, e resaltar a participación dos voluntarios e voluntarios para o troco. 


Charla sobre a toniña con Alfredo López

Alfredo López, Biólogo da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA), concedeunos unha charla, o xoves, sobre A toniña, un cetáceo que, como moitas outras especies mariñas, está sufrindo as consecuencias da cantidade de refugallos e plásticos vertidos aos nosos mares. Ademais firmounos o libro "Gol, aventuras no mar " escrito por el mesmo .




28 nov 2019

25 de novembro pola eliminación da violencia de xénero

Consideramos que este día é  extramedamente importante, xa que a violencia contra as mulleres e nenas é a máis estendida no mundo actual, por iso temos que ensinar dende a igualdade. 
Todas e todos cantamos unha canción reivindicando xustiza para tantas e tantas mulleres que sofren violencia de xénero.













Tamén podemos aprender a través do conto “Daniela Pirata”, contado por Carla e Loreto, que mulleres e homes somos iguais.







27 nov 2019

A TONIÑA


     Mañá xoves contaremos coa presenza de Alfredo López, biólogo do CEMMA, que nos falara sobre a TONIÑA, Phocoena phcooena, e da necesidade da súa conservación,.

























Publicacións da revista SALSEIRO e CUNCHIÑA adicadas á ameazada toniña. Editados coa axuda da Deputación de Pontevedra.

Actuación do grupo de teatro Bertorella.


Programación da semana cultural



Un ano máis, xa van 12, festexamos a semana da cultura. Estes son todos os eventos dos que imos gozar xuntas/os.




14 nov 2019

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Outro ano máis agradecerlle o equipo de extraescolares, o enorme traballo que fixeron para ambientar a biblioteca e convertila no túnel do terror.  Tamén grazas ao alumando de sexto por asustar no túnel e axudar a recoller todo, deixando a biblioteca como estaba.
O alumnado pasouno moi ben, gozaron moito con esta actividades, e están desexando repetila para o próximo curso.







Un vídeo de mostra



Tamén decoramos calacús coa temática do proxecto, o medio ambiente.



4 nov 2019

OS RECUNCHOS DA NOSA BIBLIOTECA



   Aquí vos mostramos algúns dos recunchos da biblioteca, para sentirnos máis cómodos e integrados no espazo. Temos unha árbore onde colocamos os libros relacionados co proxecto, este ano é o medioambiente. Para os que lle gusta  gozar da lectura dos cómics tamén teñen o seu sitio. A narrativa ocupa un lugar moi importante na biblioteca e conta con diferentes espazos para descubrir todas as historias que nos ofrece este xénero literario. Tamén temos un recuncho de prensa para estar ben informados/as do que pasa. Non podía faltar o recuncho das novidades e tampouco o de xogos. Contamos tamén co recuncho de informática, de traballo individual ou en equipo, de inglés, de estimulación sensorial...


28 oct 2019

Día das bibliotecas escolares e inauguración da biblioteca.


Este curso abrimos a biblioteca un pouco máis tarde, fíxose longa a espera por non poder estar nela, pero mereceu a pena. Fixemos un enorme expurgo, para retirar os libros que xa non resultaban atratactivos e facer máis visibles ao resto, movéronse os mobles, as mesas, quitáronse andeis e puxéronse, montamos mobles novos, para que fose máis acolledora, fixemos novos recunchos: de prensa, banda deseñada, xogos, estimulación sensorial, noviedades e proxecto, Un grandísimo traballo grazas a axuda de todo o claustro e sobre todo do equipo de biblioteca.


O 24 de outubro, non podía ser outro día, inauguramos a biblioteca, con varias actuacións. O alumnado de 6º B contoulles o conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" ao alumnado de 1º e 2º. Tamén lle fixeron entrega dos carnets da biblioteca ao alumnado de 1º e lles explicaron para que servían.



A continuación todo o colexio se achegou a biblioteca para cantar todos xuntos a canción que preparou o mestre de música: Ven a biblioteca!


Aquí está todo o colexio cantando está fermosa e pegadiza canción. Moitas gracias Gonzalo.



Xa que inagurabamos a biblioteca e lle dabamos unha nova cara, fixemos o mesmo coa nosa mascota Peiti. Para iso todo o alumando parcipou no concurso do novo Peiti. E a gañadora foi  Nara de  3º B, AQUÍ TENDES O SEU DEBUXO e o momento en que se dixo a gañadora.






21 jun 2019

PREMIOS DO CONCURSO LIBREANDO POLO MUNDO

Un ano máis repartimos os premios polas aulas, para darlles un detalle a todo o alumnado que participou na búsquedas dos libros da biblioteca, moitas gracias por participar e polo entusiasmo mostrado.





20 jun 2019

ÚLTIMO CLUB DE LECTURA DESTE CURSO

Así nos despedimos este curso co último club de lectura, moitas gracias ás lectoras por participar, por gozar da lectura e polas conversas sobre os libros lidos, para o próximo curso seguimos con máis aventuras e reunións.

18 jun 2019

Recomendacións lectoras para o verán



    Chegaron as vacacións escolares e con elas as recomendacións de lecturas de verán.
    Aquí vos deixamos unha selección de contos e libros para todas as idades cos que divertirvos e non perder  o bo hábito de ler un pouco cada día.




12 jun 2019

Aprendemos coa prensa no día mundial do Medio Ambiente


Co gallo da celebración do medio ambiente aproveitamos para traballar coa prensa sobre a importancia de coidar o noso planteta. 

Este día lévase celebrando desde o ano 1973 co fin de fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio ambiente e motivar ás persoas para que formen parte activa do desenvolvemento sustentable. Por iso, é a ocasión para lembrar e concienciar sobre a necesidade de coidar a nosa natureza. 





INVESTIGAMOS SOBRE O XÉNERO LÍRICO

Os alumnos de 5º xuntáronse un día máis na biblioteca para investigar sobre o autor Antonio García Teijeiro






23 may 2019

LETRAS GALEGAS 2019, ANTÓN FRAGUAS

Dende a biblioteca outro ano máis puxemos a disposción do alumnado libros do homenaxeado, este ano foi Antón Fraguas. 
Ao longo da semana realizáronse diferentes actividades para homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas: mestre, escritor, antropólogo, historiador, xeógrafo...




Entre as diferentes actuacións, contamos coa presenza do noso querido compañeiro Benito Lobariñas, famoso regueifeiro, que, coa súa zanfona, agasallounos cuns temas galegos e animou aos nenos e nenas a cantar unhas divertidas peza musicais así como o himno galego, sen dúbida, símbolo por excelencia da nosa terra.





22 may 2019

LIBREANDO POLO MUNDO 4

CONCURSO
LIBREANDO POLO MUNDO
TEDES QUE ATOPAR O LIBRO NO QUE APARECE ESTA IMAXE







PISTAS
-É un libro relacionado coa interculturalidade.
- Na portada aparece o mesmo animal que na imaxe e a fotografía dun neno.
- A encuadernación é de tapa dura.
- No título aparece unha cantidade moi grande.

PREGUNTAS
1ª Cal é o título do libro?
2ª Cal é a editorial?

3ª Escribe o autor e a ilustradora deste fermoso libro?

4º Cantas persoas aparecen na imaxe?

5º A que andel pertence este libro?

6º Que vos transmiten as imaxes  e os textos deste libro? ( Pista na contraportada)

TENDES DE PRAZO PARA ENTREGAR AS VOSAS RESPOSTAS NO BUZÓN DA BIBLIOTECA OU
NO BLOG O RECUNCHO DE PEITIEIROS
DENDE O 22 DE MAIO ATA
O DÍA 5 DE XUÑO

2 may 2019

3º CLUB DE LECTURA


Esta vez o  libro foi "Unha viaxe inesperada" de Lluís Llorte e Salvador Macip; gustóunos moito, grazas a el vivimos unha gran aventura con Arman e a súa mascota, un lémure. Arman por un accidente adquire un superpoder e tamén viaxa ao outro lado do mundo, animámosvos a que o leades, xa veredes que divertido é.




29 abr 2019

MALETA DA IGUALDADE

Gracias a bibliotecas escolares por prestarnos a Maleta da igualdade con ela  aprendemos a través da lectura dos seus libros a traballar sobre a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero... 


27 abr 2019

SEMANA DO LIBRO

Co gallo de conmemorar o Día Internacional do Libro, organizamos varias actividades ao longo da semana:
 Tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Tía Ni, que nesta ocasión ataviada coma un personaxe "manga", agasallounos cunha  viaxe pola Antártida. Por medio da súa vivencia polo continente máis austral da Terra e a través dun interesante percorrido, puidemos coñecer como é o seu clima, a súa flora e a súa fauna e as impresionantes paisaxes.




Un ano mais, os nenos e nenas maiores foron padriños e madriñas dos máis pequenos, e léronlle aos seus afillados e afilladas un conto con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro. 


E para rematar   tivemos conosxo o ilustrador e contacontos BenxamínMíguez Novoa, que fíxonos rir e entusiasmarnos coas súas historias que tiveron como protagonistas nenos e nenas do público.







8 abr 2019

LIBREANDO POLO MUNDO 3



VEÑA A POLO TERCEIRO SELO!!!


Libreando 3

UN ARTISTA EN 5º A




   O venres, tivemos a sorte de aprender a debuxar mellor, grazas as expicacións que nos deu Diego Pérez Varela, alumno de 5º A. 

  Ensinounos a debuxar varios animais como un mono ou un peixe, a partir da palabra escrita destes. Tamén fixo a caricatura de Albert Einstein e outros máis.

  Moitas gracias Diego por ir pasiño a pasiño, coas túas explicacións para que non nos perdéramos. Eres un gran debuxante.


2 abr 2019

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO



No centro formamos un infinito todos xuntos/as, para acadar un futuro máis inclusivo, onde se respete e se valore a diversidade hoxe e sempre.






INFINITAS FORMA DE SER,
INFINITAS FORMAS DE SENTIR.





31 mar 2019

A POESÍA de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO




A primavera chegaba
e con ela todo o mundo,
o día da poesía celebraba.

Nós o faremos mañá,
estade ben atentos/as
porque polas paredes
poemas haberá.

Colle o que queiras
lévao a túa clase
e recítao con soltura.

O autor o autora
deberás adiviñar
e así unha ledicia

has de levar.

Poesía por todo o colexio co lema 

A  POESÍA NON É ABURRIDA , A POESÍA NON É CURSI, A POESÍA NON TRABA,

POESÍA NON MORDE... COLLE UNHA!




Lendo a adiviña para poder saber quen era o autor das poesías.




Investigando na biblioteca e descubrindo que o autor era...


ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO











RECITANDO



28 mar 2019

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA



ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

É un escritor galego. 

Nado en Vigo, no ano 1952.

Na biblioteca podedes atopar libros del,

 como por exemplo: Cacarabín, cacarabón ou Lueiro de papel.

 En 2017 recibiu 

o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil 

de España pola obra Poemar o mar.



QUEN É?

25 mar 2019

RECUNCHO DE POESÍA

       0 21de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, para promover este xénero lírico que da renda solta  a creatividade, a musicalidade, a rima, a innovación... por medio da palabra. A poesía está moi presente nas nosas vidas dende cativas escoitamos poemas que nos axudan a durmir, a rir, a tranquilizarnos, a bailar...

       Na entrada da biblioteca tendes este recuncho de poesía e dentro aínda máis libros para que gocedes deste xénero literario.

RECUNCHO DE POESÍA

20 mar 2019

SEGUNDO CLUB DE LECTURA


O segundo club de lectura foi adicado o libro " La casa del fin del mundo" do autor José María Plaza da editorial Edebe.

Gustounas a todas o libro, os protagonistas son 4 rapaces que viven unha historia de suspense e misterio, o que fai que teñas ganas de ler o libro para saber que lles pasa.

Moitas gracias as alumnas que participaron na lectura e compartiron este recreo para poder falar do libro.
Imos a polo seguinte.





7 mar 2019

Maleta : Por unha biblioteca inclusiva

 Esta vez tivemos a sorte de poder ler os libros da maleta da inclusión, cun total de 38 libros,  estivo por todas as clases. Gustaríanos que fose máis tempo, porque non nos da tempo a disfrutala como nos gustaría. 






O CONTO E A MÚSICA , NOS CONTOS COAS FAMILIAS


Un mércores máis tivemos a sorte de gozar coa presenza das familias no recreo, neste caso puidemos  cantar e bailar. Esta vez estivo con nós o tío de Samara de 1º B, David, que nos tocou o tambor e cantamos con el a canción  " Que ricos os bicos" de Cé Orquestra Pantasma.

















Tamén nos agasallou con dous libros de Cé Orquestra Pantasma.



                         Moitísimas gracias David.

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...