25 nov 2018

25 de noviembre día internacional contra a violencia de xénero





Dende o CEP Xose Neira Vilas queremos que este día non apareza no calendario. A educación é unha ferramenta clave para loitar contra a violencia de xénero. É necesario que  dende idades temperás aprendan a identificar e a eliminar actitudes e comportamentos en contra dos dereitos dos demais, temos que educar na igualdade.

11ª SEMANA DA CULTURA

Un ano máis celebramos no centro a semana da cultura, este ano teremos a fantática actuación do mago Javier,  tamén contaremos coa Furgolibro para que nós explique o seu funcionamento e nós anime a ler aínda máis. Contamos con Anxo Moure o mércores e para ese día decoraremos o cole coas nosas botas- macetas  decoradas polo alumnado, onde semantaron un carballo. O xoves temos a actuación dos nosos artistas, farán bailes, teatro, cancións, sombras chinesas, títeres, etc. E o último día esperámosvos a todos para gozar coa actuación do grupo de teatro Bertorella, coa obra " Mamasiña que medo!"

 Este é o programa:



15 nov 2018

Libros novos na biblioteca


Ao longo destes meses fixemos unha verdadeira labor de concienciación para contar con máis espazo para os novos libros, fixemos expurgo, é dicir quitamos aqueles libros que xa non leíades, para pouco a pouco ir mercando libros que vós animen a ler, a investigar, a soñar aínda máis.

Como xa todas e todos sabedes este ano no colexio estamos investigando sobre a interculturalidade e a convivencia, por iso os libros novos que mercamos son relacionados con este tema, aquí tendes algúns deles para que vós animedes a botarlles unha gran ollada.




Pecas pregúntase por que hai xogos para nenos e outros para nenas. E cortes de pelo, cores, roupa e… ata contos que son para nenos e outros para nenas! Atopará unha resposta?




Se eu puidese redibuxar o mundo… Con esta frase, o autor revela os seus soños de conseguir un mundo mellor, no que todos os seus habitantes puidesen dar renda solta a súa imaxinación . Acompañada dunha preciosa cartografía e un fermoso texto poético.






O vermello a un lado! O azul, ao outro!
Os príncipes Gastón e Gedeón repártense o reino mandando construír dous sólidos muros. Esta fronteira prohibe todo contacto entre os habitantes de ambos os lados. Con todo, os nenos non están dispostos a aceptar que os seus familiares e amigos queden divididos, e grazas a eles achan a solución para reunirse de novo. Unha bonita historia que nos ensina que coas pedras dos muros poden construírse pontes.







Ninguén sabe que lle pasa exactamente a Uma, pero todos os demais pensan que é rara, por iso íllase e prefire pasar soa o tempo do recreo. Por sorte a súa mestra dá coa clave… E é que Uma necesita unha axuda para darse conta de que “os demais” non existe. Unha mirada esperanzadora achega do acoso escolar.

Aquí tendes unha foto coas NOVIDADES, esperamos que vós gusten.





2 nov 2018

Samaín na biblioteca



         Para animar  ao alumnado a  ler preparamos un  recuncho de lecturas  coa temática de misterio e suspense.  Gracias  ao equipo de actividades extraescolares a biblioteca  converteuse  nun "túnel  do terror" polo que  foron pasando todas  as clases  ao  longo dás últimas  dúas horas dá  mañá,  tamén contaron  coa participación  do alumnado de sexto que preparados para a ocasión con disfraces  terroríficos  axudaron a ambientar o túnel,  foi  unha  actividade  moi valorada polo alumnado,  xa que  lles  encantou e quería repetir e repetir.  

        Tamén  tivemos a colaboración dás familias,  coa creación de  calacús  do mundo en relación  coa temática  do  eixe  tranversal, a educación intercultural.

         Neste breve video vós deixamos unha mostra do día de Samaín no noso colexio.




Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...