25 jun 2018

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

O verán é un excelente momento para ler , para aprender cousas novas e divertirse. A lectura de verán é unha boa forma de vivir aventuras, de gozar da lectura con libros entretidos e amenos elixidos por eles; aquí vós deixamos uns cantos libros que vós poden interesar.

APEIROS DE LABRANZA



Dende Voz Natura fixéronlle  unha homenaxe a todas esas mulleres e homes que se adicaban e se adican ás labores do campo... esas mulleres e homes que con estes apeiros e con moito esforzo físico, eran capaces de alimentar familias. Velaí algúns dos apeiros que conseguiron  gracias á axuda das familias que colaboraron con gran entusiasmo.







16 jun 2018

OS LAPBOOKS DE 6º B



Un lapbook  é un tipo de libro de cartolina  que se utiliza para recolectar información acerca dun tema que se esté traballando, neste caso usámolo para investigar sobre pintores da idade Contemporánea, Dentro deles  como podedes observar, hai solapas, ventás, fotos enganchadas, pequenos libros, sobres que conteñen información, e todo tipo de elementos que se che poidan ocorrer para expoñer un tema en concreto.

É unha ferramenta educativa fantástica, na que participan en todo o proceso de creación (deseño e busca de información) ata que estea terminado. Para eles é moi motivador e axúdalles a desenvolver a súa creatividade, a deseñar, a buscar información, a usar materiais cotias.

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...