Páginas vistas en total

20 may. 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o día da nosa lingua, das nosas letras. Este ano a homenaxeda é unha muller, a cuarta muller en 56 anos de celebración, María Victoria Moreno Márquez , despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño.  Ela naceu en Cáceres pero a  pesar de ser estremeña converteuse nunha das pioneiras na narración en galego destinada ao público infantil. 
Na biblioteca podedes gozar da lectura dalgúns dos seus libros.




 Gracias a Pedro Brandariz  desfrutamos de dúas obras da autora: 

" A festa no faiado" e “O Cataventos” 







2 may. 2018

Semana adicada o Día do Libro.



Non podía faltar polo Día do libro unha representación teatral, tendo como protagonistas principais os libros. Para iso contamos coa gran actuación de Volvoreta e voltereta, gracias a elas pasamos un rato moi agradable, rimos, fixéronos participes da súa actuación e pasámolo moi pero que moi ben. Os libros que representaron son moi coñecidos por todos vós, a que si???
" O monstro de cores", " O chivo, chivóns" e " O crocodilo verde"









A biblioteca foi durante os recreos, o lugar de reunión idóneo para gozar das actuacións que, alumnado de  diferentes cursos, preparou para conmemorar o Día do Libro.

A bruxa quitavogais. Esta malvada bruxa estaba a preparar a súa nova pócema para desaparecer, pero necesitaba vogais para a súa fórmula máxica. Así que entrou de noite na biblioteca do colexio, e empezouse a levar as vogais dos contos. Para recuperalas, ti vemos que superar unha proba por equipos. A proba consistía en completar as vogais dunhas listas con títulos de contos moi coñecidos. Fixérono moi ben.



O xoves tivemos a actuación de alumnos/as de terceiro, coa representación " Imos cazar un oso" Estiveron xenial.






 E, como colofón da semana, INTERCAMBIO DE LIBROS. A actividade consistiu en que cada alumno/a voluntariamente, trouxo da casa un libro en bo estado que intercambiou con outro/a. O día que o traían entregábanllo ao titor/a, que lles entregaba un resgardo, para despois cambialo por outro.