22 mar 2018

DÍA DA POESÍA


 Cando falamos de poesía non só nós referimos a lectura dun texto literario, senón a súa dimensión expresiva, a oralidade, musicalidade, a imaxinación, a memoria auditiva e rítmica, a dicción etc, A poesía estimula todos estas dimensións, por iso neste día quixemos facerlle un pequeno recoñecemento lendo no recreo varios poemas. 



Estes son os libros que lemos, podedes atopalos na biblioteca.




20 mar 2018

DIA INTERNACIONAL DA MULLER



   DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


   Chegamos un pouco tarde, se nos fixamos na data da celebración do Día Internacional da Muller, que é o 8 de marzo, pero como un  día é pouco para celebrar unha loita constante, diaria para recoñecer a importancia das mulleres, avoas, nais, fillas, netas, sobriñas..., todos os días son o día da muller.

   O alumnado de sexto fixo un mural coa biografía de mulleres españolas que destacaron pola súa labor, como María Teresa León, escritora e intelectual e unha das voces máis activas desde o exilio, María Luz Morales, primeira muller en dirixir un periódico en España, e moitas máis que podedes atopar no mural.





Na biblioteca tendes libros moi interesantes, como:

                  Resultado de imagen de libro pioneras galegas que abriron o camiño                       


11 mar 2018

EN BUSCA DO PATRIMONIO


  Comezamos un concurso de preguntas relacionadas co patrimonio. Na biblioteca poderedes atopar  as respostas as preguntas que vós imos facendo. 
   Cada 15 días haberá un concurso novo para que sigades investigando e descubrindo o noso patrimonio. Haberá premios para os que consigan responder a todas a cuestións.

ÁNIMO para todas e todos.




En Busca Do Patrimonio

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...