29 ene 2018

30 de Xaneiro: DÍA ESCOLAR DA PAZ


Como todos os anos celebramos o día da Paz cunha canción, este ano a elixida é “ Antorchas en la niebla” do cantante El Arrebato, preparada polo mestre de música.  O tema da canción está relacionado co acoso escolar.
Os alumnos/as nesta etapa de primaria no colexio fan amigos-compañeiros, non se fan abusóns. Resolvemos os conflitos coa palabra, non coa violencia, xa sexa física , verbal  ou social, coa xustiza, sendo asertivos, usando a comunicación, a empatía, a tolerancia e expresando a nosas ideas dende o respeto e o acordo. Respetando as nosas diferenzas, xa que todos somos iguais e distintos; aprendendo aceptarnos.

Dende o equipo de biblioteca recomendámosvos os seguintes libros relacionados coa PAZ:


Un conto de amizade, comprensión e tolerancia. Que fala sobre coñecernos mellor, para poder poñernos no lugar dos demais e escoitar puntos de vista diferentes.


Portada del libro El violín de PazúsQue podemos facer nós para mellorar o mundo? O violín de Pazlús é unha resposta a esta pregunta en si mesmo, como podemos contribuír nós a construír un mundo en paz, onde poder convivir todas as persoas. Unha oportunidade para reflexionar e para facer.


Portada del libro Podrías
A cor da pel, a lingua, a comida, a roupa, os xogos... todo podería ser diferente, se nacésemos noutro lugar. Algunhas cousas poderían ser mellores, outras peores, pero o certo é todos somos seres humanos con sentimentos e necesidades comúns, e que ninguén está a salvo de posibles desgrazas. É por iso que a solidariedade co que sofre a desgraza en calquera das súas formas debería ser o primeiro imperativo de todos e todas.

libros infantiles y juveniles para educar en la paz: el enemigo


Un libro que fala da guerra e os sensentidos desta. Un soldado relátanos a súa terrible experiencia na trincheira. E conta como cre que é o seu inimigo: unha besta salvaxe, causante do inicio da guerra e de todo o seu horror. Pero un día, descubrirá que o inimigo é como el: un ser humano que sofre a guerra e que só quere volver cos seus. Poderán alcanzar a paz?


Resultado de imagen de el club de los valientes libro

Un canto á valentía daqueles que saben que a violencia non é a mellor forma de solucionar os problemas. Como Alan, o protagonista, que demostrará a Samuel, o neno máis alto e máis forte de clase (tamén o máis abusón), que entre todos os compañeiros poden plantarlle cara sen necesidade de facer uso da forza.


Veña a ver quen comenta algún destes libros no blog. Animádevos a ler algún.


25 ene 2018

VAILLE CO CONTO NO RECREO.

   Dende o equipo de biblioteca pensamos que o recreo é para correr, xogar , saltar, rir, esconderse, bailar, brincar..., pero, por que non tamén para escoitar unha lectura da voz das nosas voluntarias/os; por iso os martes imos  a levar a cabo a actividade:
" Vaille co conto no recreo".

   Os voluntarios/as da biblioteca van preparar unhas lecturas para lerllas a quen queira escoitalas e gozalas, só se pide silencio e ganas desfrutar coas historias. 
   Pódese animar a ler quen o desexe:  os mestres, o alumnado, o conserxe, a coidadora ...
Esperemos que vós guste a actividade e que vós motive a querer a lectura se cabe aínda máis.





22 ene 2018

NOVIDADES

Aquí mostrámosvos algunhas das novidades que chegaron á nosa biblioteca, para que poidades mergullarvos nelas .


Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...