30 nov 2017

BIBLIO-PATIO 2017/2018

    Empezamos outro ano máis coa Biblio-Patio  para ofrecerlle ao noso alumnado no tempo do recreo a oportunidade de gozar coa lectura de contos, cómics, contos en inglés...

    O funcionamento será supervisado por tres axudantes da biblioteca, que sacaran ao patio o carro. Os días elixidos serán os luns e os xoves.

     Haberá un servizo de préstamo que durará os 30 minutos do recreo, os axudantes anotaron o nome, apelidos e curso do alumno/a que solicite o préstamo e o número do libro que quere ler. O alumno/a que saque un exemplar do carro, deberá devolvelo nos últimos cinco minutos do recreo.

    Ademais os axudantes da biblioteca, terán os luns voluntariado nela, para arranxar os libros que estean danados, ordenar a biblioteca, preparar actividades sobre animación á lectura ...


BIBLIO-PATIO

AXUDANDO NA BIBLIOTECA
                            

27 nov 2017

SEMANA DA CULTURA E ANIMACIÓN Á LECTURA


Esta semana celebramos a semana da cultura, e para festexalo, todos os días imos ter algunha actividade relacionada co teatro, a lectura, a música, etc. Aquí tendes a programación das actividades:

  • O luns 27 de novembre a gran actuación de Tarabelos co conto " O traxe novo do rei" 
  • O martes 28 temos a sorte de gozar da presencia de Julio Fernández Rodríguez, escritor do libro "Clara e o rapto do solpor" e tamén ex valedor do pobo.  O libro está na nosa biblioteca, e narra a aventura de Clara, unha nena cun don secreto que terá que intervir para tentar salvar á posta de sol da ameaza da malvada contaminación. É unha historia fascinante sobre a valentía, o poder da cooperación e a importancia de coidar o noso planeta.
  • O mércores, contamos cun dos ilustradores galegos máis destacados, que colaborou coa maioría das editoriais; o ilustrador Manuel Uhía.

  • O xoves, os famosos intercontos entre os diferentes ciclos, teremos diversas actuacións, da man dos nosos artistas : teatro, contos, música, etc.

  • E o venres, non podía faltar o día adicado ás familias, coa gran obra de teatro " Polos pelos", gracias ao grupo de teatro" A Moura" da C.C. A Mercedes de Chain.



10 nov 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


     O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares, e por iso quixemos darlle o gran protagonismo a nosa Biblioteca Anisia, realizando nela e para ela as seguintes actividades entre todos e todas.

      Este ano o lema escollido  é "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" . Co debuxo  que acompaña o lema fixemos unha pequena ilustración con fotos de todas as aulas, representando algunhas das actividades que se poden levar a cabo a través da biblioteca escolar.





















Aquí aparece o alumnado aprendendo a pensar a través do xornal, dos contos,
dos xogos, das lecturas, das investigacións, da experimentación, da música, da curiosidades, da interpretación...porque a biblioteca é un lugar onde poden xurdir moita ideas e situacións de aprendizaxe.














Os voluntarios da biblioteca de quinto e sexto explicáronlles ao alumnado de 1º e 2º o funcionamento da biblioteca e non podía faltar neste día a lectura dun libro.














E por último as normas da biblioteca máis visibles, porque como din: "vale máis unha imaxe que mil palabras".




Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...