30 nov 2017

BIBLIO-PATIO 2017/2018

    Empezamos outro ano máis coa Biblio-Patio  para ofrecerlle ao noso alumnado no tempo do recreo a oportunidade de gozar coa lectura de contos, cómics, contos en inglés...

    O funcionamento será supervisado por tres axudantes da biblioteca, que sacaran ao patio o carro. Os días elixidos serán os luns e os xoves.

     Haberá un servizo de préstamo que durará os 30 minutos do recreo, os axudantes anotaron o nome, apelidos e curso do alumno/a que solicite o préstamo e o número do libro que quere ler. O alumno/a que saque un exemplar do carro, deberá devolvelo nos últimos cinco minutos do recreo.

    Ademais os axudantes da biblioteca, terán os luns voluntariado nela, para arranxar os libros que estean danados, ordenar a biblioteca, preparar actividades sobre animación á lectura ...


BIBLIO-PATIO

AXUDANDO NA BIBLIOTECA
                            

27 nov 2017

SEMANA DA CULTURA E ANIMACIÓN Á LECTURA


Esta semana celebramos a semana da cultura, e para festexalo, todos os días imos ter algunha actividade relacionada co teatro, a lectura, a música, etc. Aquí tendes a programación das actividades:

  • O luns 27 de novembre a gran actuación de Tarabelos co conto " O traxe novo do rei" 
  • O martes 28 temos a sorte de gozar da presencia de Julio Fernández Rodríguez, escritor do libro "Clara e o rapto do solpor" e tamén ex valedor do pobo.  O libro está na nosa biblioteca, e narra a aventura de Clara, unha nena cun don secreto que terá que intervir para tentar salvar á posta de sol da ameaza da malvada contaminación. É unha historia fascinante sobre a valentía, o poder da cooperación e a importancia de coidar o noso planeta.
  • O mércores, contamos cun dos ilustradores galegos máis destacados, que colaborou coa maioría das editoriais; o ilustrador Manuel Uhía.

  • O xoves, os famosos intercontos entre os diferentes ciclos, teremos diversas actuacións, da man dos nosos artistas : teatro, contos, música, etc.

  • E o venres, non podía faltar o día adicado ás familias, coa gran obra de teatro " Polos pelos", gracias ao grupo de teatro" A Moura" da C.C. A Mercedes de Chain.



10 nov 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


     O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares, e por iso quixemos darlle o gran protagonismo a nosa Biblioteca Anisia, realizando nela e para ela as seguintes actividades entre todos e todas.

      Este ano o lema escollido  é "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" . Co debuxo  que acompaña o lema fixemos unha pequena ilustración con fotos de todas as aulas, representando algunhas das actividades que se poden levar a cabo a través da biblioteca escolar.





















Aquí aparece o alumnado aprendendo a pensar a través do xornal, dos contos,
dos xogos, das lecturas, das investigacións, da experimentación, da música, da curiosidades, da interpretación...porque a biblioteca é un lugar onde poden xurdir moita ideas e situacións de aprendizaxe.














Os voluntarios da biblioteca de quinto e sexto explicáronlles ao alumnado de 1º e 2º o funcionamento da biblioteca e non podía faltar neste día a lectura dun libro.














E por último as normas da biblioteca máis visibles, porque como din: "vale máis unha imaxe que mil palabras".




22 may 2017

Letra Galegas

VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES
Co gallo do día das letras galegas, Hakan Casares, o fillo do escritor Carlos Casares homenaxeado este ano, visitou o noso colexio para achegarnos un pouco máis á vida e obra do seu pai.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos e coñeceron de preto un sinfín de anécdotas e curiosidades do escritor.

28 abr 2017

Celebración Día do Libro

DÍA DO LIBRO
Para comemorar o día do libro (23 de abril) dende o Equipo de Biblioteca organizáronse as seguintes actividades:


1. Contacontos no Recreo: esta actividade levouse a cabo ao laongo de toda a semana do 24 ao 28 de abril. Son actividades de asistencia voluntaria na que alumnado de 6º representou  tres contos o o alumnado de 3º fixo unha sesión de monicreques.
organizando a entrada para ver os contacontos
alumnado de 6º representando Os tres porquiños

alumnado de 3º realizando monicreques

Esta actividade resultou altamente satisfactoria tanto para os actores como para o público xa que contou con moita aceptción.
2. O mércores 27 apareceron por todo o cole unha serie de libros cunhas etiquetas de agasallo felicitando o día do libro. ao principio resultou un pouco desconcertante e sorprendente para o alumnado , non sabían moi ben que facer, se collelos ou non. cando os máis atrevidos comezaron a coller os libros, a ler a etiqueta e ver de que se trataba xa comezou a caza dos libros.  Aquí podedes ver algúns dos libros desperdigados polo cole.


  



Estes son algúns dos afortunados que atoparon un libro agasallo.
 ¡GOZADE DAS SÚAS AVENTURAS!


CONTACONTOS E APARIÑAMENTO

CONTACONTOS E APADRIÑAMENTO

Como actividades finais para festexar o día do libro no cole tivemos unha sesión de CONTACONTOS moi especial. Foi unha sesión de contos inclusivos na que aprendemos como se lle conta un conto aos nenos con discapacidade auditiva. Para contarnos esta bonita historia , as tres contacontos empregaron a linguaxe, a música e a lengua de signos. a historia titulábase PERDIDO, era conta a relación de amizade entre os dous protagonistas, Neno e Pingüín.
a sesión estivo a cargo do gabinete AZlinguaxe de signos.
Esta sesión resultou moi interesante e motivadora, pasámolo moi ben e aprendimos un montón de cousas.


Seguidamente tivo lugar o APADRIÑAMENTO LECTOR, unha actividade que xa levamos anos realizando e, como sempre, resulta moi ben. Os nenos están encantados de compartir lecturas cos seus compañeiros maiores.



23 mar 2017

Día da Poesía


21 DE MARZO
DÍA MUNDIAL DA POESÍA


Para conmemorar esta data ao longo desta semana fomos traballando  diferentes poesías de Rosalía de Castro







Posteriormente os nenos e nenas encheron todo un bosque con poesías de Rosalía .
Xamais unhas árbores axitaron as súas follas con tanta harmonía.



Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...