21 nov 2016

9ª Seman Cultural


Resultado de imagen de gif semana cultura
do 21 ao 25 de novembro de 2016
Non vos perdades a actuación dovenres para as familias!!!
AGARDÁMOSVOS 
 


MOMENTOS MÁXICOS CO MAGO CALI 
Nacido en Vigo, o mago Cali conta cunha traxectoria profesional de máis de 15 anos no mundo da maxia. A súa dinámica posta en escena, ofrece un divertido espectáculo que non deixa indiferente a ninguén. Hoxe ofreceunos unha magnífica actuación na que, tanto grandes como pequenos, interactuaron e gozaron co seu repertorio.
Vede aquí unhas fotografías do evento
  


  CONTOS PEQUENOS
O alumnado de 6º curso adaptou e representou, para todos os nenos e nenas do colexio, os contos titulados "A noz" e "O lagarto e mailo sapo", do escritor e mestre Victoriano Taibo, recentemente homenaxeado no auditorio Lois Tobío de Gondomar.




  Pinga Teatro
O grupo Pinga Teatro representou uns contos moi divertidos da man da actriz galega María Carrera.
Non é a primeira vez que acode ao noso centro e, como noutras ocasións, a súa interacción co público mantivo a expectación e diversión ao longo de toda a súa actuación.



INTERCONTOS 5º E 6º
O alumnado de 5º curso representou dúas pequenas e divertidas obras de teatro "Díxomo fulanita" e "Os tres cirurxiáns".
O alumnado de 6º dedicounos uns fermosos poemas do libroCantarolas do noso querido e recordado padriño Xosé Neira Vilas.
 
Distribuir contenido

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...