31 oct 2016

Presentación do libro "Contos Pequenos" de Victoriano Taibo

O CEP "Xosé Neira Vilas" na presentación do libro "Contos pequenos" de Victoriano Taibo
O domingo 30 de outubro do 2016 o alumnado de 6º curso participou, xunto con nenos e nenas doutros colexios da contorna, na presentación do manuscrito“Contos pequenos”do escritor e mestre Victoriano Taibomembro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.
O acto desenvolveuse no auditorio Lois Tobío de Gondomar e estivo organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns.
Os nosos alumnos e alumnas traballaron nas aulas cos contos titulados "A noz" e "O lagarto e mailo sapo", aos que lles fixeron algunha adaptación para seren representados durante este acto.

Nos seguintes enlaces tedes máis información, fotos e o vídeo completo.


27 oct 2016

O SAMAÍN

CHEGOU O SAMAÍN A BIBLIO-PATIO

O Samaín xa chegou ao noso cole, no medio dos libros de BIBLIO-PATIO apareceron bruxas, arañas , cabazas...
Peiti anímanos a ler durante os recreos nestas datas libros terroríficos que dan moito medo...
SE DE MEDO NON QUERES MORRER , ESCOLLE BEN O QUE VAS LER!!!








26 oct 2016

NOVIDADES

POUCO A POUCO CHEGAN NOVIDADES....

Co transcurrir dos días comenzan a chegar a nosa biblioteca novos libros de xeito que o noso tendal de NOVIDADES xa se vai enchendo.
Nuns días chegarán tamén novos exemplares de cómics de ASTERIX e dos PITUFOS para os máis pequenos.

Animádevos a pasar por este recuncho e seleccionar o libro que máis vos guste.


24 oct 2016

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Hoxe luns 24 de outubro é o día das Bibliotecas e para non esquecer tan importante data...o equipo de biblioteca entregou entre o novo alumnado os seus carnés de usuarios da biblioteca escolar para que poidan facer uso da mesma.

Tamén tiñamos preparada unha sorpresa, unha nova actividade que se puxo en marcha hoxe coa colaboración do equipo de voluntarios da biblioteca.
A actividade chámase BIBLIO-PATIO e consiste nun carriño  que percorrerá o patio durante os recreos con libros de diversas temáticas para que o alumnado que o desexe poida ler no tempo dos recreos.
O BIBLIO-PATIO sairá todos os luns e xoves.
Así é o noso BIBLIO-PATIO, esperamos que a actividade vos guste e teñamos moitos lectores.




Feliz día das bibliotecas!!!!

21 oct 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

DÍA 24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES

Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola.


Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca. 

Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos. 

Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:

—Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha taza de té?

Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!

Ledicia Costas


INFORMACIÓN

13 oct 2016

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Ao longo de toda esta semana e ata o venres da vindeira, Peiti e Eiros convocan a todo o alumnado de 5º e 6º de primaria para formar parte do Equipo de Axudantes de Biblioteca.

Os membros deste equipo axudarán durante o tempo de recreo (cando sexa necesario) en  tarefas como:

  • Organización e recolocación dos andeis.
  • Forrado e arranxo de libros.
  • Recomendacións de libros aos compañeiros ,elaboración de murais e invitacións as diferentes actividades.
  • Presentación de celebracións
  • Entrega de premios das actividades convocadas.
  • Actividade de Biblio Patio
  • E outras moitas actividades!!!!!


Os interesados podedes apuntarvos na biblioteca indicando o voso nome completo e o curso.

Contamos coa vosa colaboración.

Peiti e Eiros e o Equipo de Biblioteca






12 oct 2016

RECURSOS EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

  Como imos traballar co proxecto da "Educación Medioambiental"o equipo de biblioteca puxo a vosa disposición unha serie de recursos nun expositor da biblioteca. Estes recursos poden ser de utilidade para taballar o tema central e para tentar concienciar ao noso alumnado no respeto e coidado do medio ambiente.



Aquí podedes atopar os recursos que seleccionamos e que están a vosa disposición na biblioteca.

Esperamos que vos sexan de utilidade.

  • 10 películas educativas sobre o coidado do medio ambiente (pincha no enlace para ver as películas e a súa temática)

 Esta guía no sólo está dirigida al profesorado de los centros educativos de Educación Primaria y Secundaria, sino que su enfoque es fácilmente adaptable al desarrollo de proyectos y programas de formación y sensibilización desarrollados por el profesorado universitario, los educadores ambientales y por todos los profesionales que desarrollen acciones de sensibilización ante el cambio climático desde los ayuntamientos, las empresas o las asociaciones.    

Un grupo de jóvenes que viven en el año 2100 viajan en el tiempo y regresan al año 2011 para enfrentarse al reto de parar el cambio climático que está poniendo en peligro sus vidas… Este es el planteamiento de inicio del juego “Climatosfera 2100” El videojuego y la guía didáctica de apoyo presentan un medio innovador para trabajar temáticas de degradación ambiental y cambio climático en clase.

13 fichas de trabajo sobre energías renovables y energía solar, adaptables a diversos niveles educativos
Efecto dominó es un juego para comprender el cambio climático. Pincha en el enlace para descargártelo y… jugarlo.

¿Aparato de televisión, nevera o aire acondicionado? Ordena los electrodomésticos de acuerdo con su consumo energético.

Juego de tablero on-line con diferentes niveles de dificultad, cuyo objetivo es dar a conocer los beneficios y usos de la bioenergía.

Sencillos experimentos para trabajar en el aula diversos aspectos del cambio climático en los centros educativos de la Comunidad Valenciana.

           ¿Cuánto es una tonelada de CO2?
           Un problema aritmético.

                        De CLARITY – Acción Educativa por el Clima.


Outras páxinas web con actividades didácticas

           Cambio Climático y Pobreza
           Dos materiales didácticos para el sistema educativo en PDF elaborados por la Fundación IPADE.
           EduCC
           Página creada por la ONG EUCC – Centre Mediterrani, y financiada por el Departamento de Medio Ambient i Habitatge de Cataluña. Contiene 10 propuestas de actividades didácticas sobre el cambio climático. [En catalán]
           El viaje de Kirima
           Iniciativa de la Fundación Gredos San Diego, es un programa de educación ambiental sobre cambio climático dirigido al alumnado de Segundo Ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 años).
           Explorando el cambio climático
           Recurso premiado en la convocatoria 2008 de los premios a materiales curriculares en soporte multimedia otorgados por Ministerio de Educación.
           Kyoto in the home
           Proyecto de la Comisión Europea con recursos didácticos para el sistema educativo relacionados con la prevención del cambio climático a partir de las energías renovables.

            Literatura  infantil sobre Educación Medioambiental (pincha no seguinte enlace para ver os libros recomendados por idades)

            Literatura infantil para trabajar la Educación Medioambiental




Listaxe de libros que podedes atopar no expositor da biblioteca

(libros de información)
  1. La vida en el bosque
  2. O paxaro e o seu niño
  3. El río y la laguna
  4. A árbor
  5. Guía dos peixes de Galicia
  6. Mamíferos
  7. Peixes ,reptiles e mamíferos
  8. Guía de la naturaleza de Galicia
  9. El maravilloso mundo de los animales
  10. Las plantas
  11. Es tu tierra¡Cuídala!
  12. El gran libro verde
  13. La vida en la montaña
  14. El cuerpo humano 
  15. El cambio climático
  16. Tu primer vox de la naturaleza
  17. Clima
  18. La digestión
  19. Nuestro Medio Ambiente
  20. Como producir menos lixo
  21. Tienes hambre
  22. Los árboles
  23. La ecopatrulla
  24. No corazón da fraga Manual do plantabosques
  25. Guía de iniciación a natureza
  26. A protección domedio ambiente e tarefa común
  27. ¡Protege el medio ambiente!
  28. La alimentación de tus niños
  29. El cuerpo humano
  30. Animales gigantes desplegables
(libros de contos)
  1. A viaxe de purpurina
  2. El árbol de los pájaros
  3. E retorno de Villarina
  4. ¿Salvemos a la ballena Blanca
  5. O soño da árbore
  6. Carta das illas bailarina
  7. despois da chuvia
  8. Paolo e o misterio da cerdeira
  9. Federico na silveira
  10. O mar
  11.  A montaña
  12. a vida no mar
  13. El hombre del aire libre
  14. El cuclillo chistoso
  15. colibrí e o seu novo amigo
  16. 20.000 leguas baixo dos mares
  17. Residuos e reciclaxe 
  18. Os bolechas queren saber...
  19. As duna de corrubedo
  20. Naufraxio no mar de lir
  21. As fragas do eume
  22. A praia 
  23. A carballeira
  24. coidamos a escola coidamos o planeta
  25. O lago
  26. A aldea
  27. Auga e enerxía
  28. Os bolechas van de acampada
  29. Os bolechas van pola rúa
  30. os bolechas van a aldea

11 oct 2016


O Papagaio, xornal para nenas e nenos en galego

Esta fin de semana chegounos a noticia do nacemento dun novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
Está impulsado por Edicións moito conto, inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. . O primeiro número xa está dispoñible na rede e ofrécese a posibilidade de subscribirse de xeito anual. Os seus responsables destacan que haberá unha  sección de ciencia e tecnoloxía asesorada por científicos/as e  presentada por un personaxe fixo: Simio o científico. De igual xeito, a sección de Ecoloxía contará tamén co asesoramento de profesionais e nel trataranse temas relacionados coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución ou a reciclaxe. Os temas irán acompañados dun experimento que os e as lectoras poderán poñer en práctica.Na sección de arte, un pintor chamado Pierrot explicará os segredos dos principais movementos pictóricos da historia; este apartado inclúe a proposta dun exercicio práctico sobre o estilo en cuestión. Dentro do obxectivo de fomentar a integración, aparece a sección Pratos para compartir culturas, que achega receitas de distintos paises. No apartado deNatureza terá un papel destacado "a fabulosa fauna lectora do noso hábitat", que relacionará as distintas especies animais autóctonas coa literatura universal; e, de igual xeito, incluirarse a sección SOS Especies ameazadas, na que os animais en perigo de extinción trasladarán as súas queixas a través dunha carta.
Tamén se inclúe unha sección fixa de banda deseñada, protagonizada por Wifi, un can intergaláctico que vive intensas aventuras nos distintos universos paralelos que nos rodean. E unha tira humorísticaViladenihil, con temática de ciencia ficción social

3 oct 2016


COMEZAN OS EMPRÉSTITOS...


... na nosa Biblioteca!

Pouco a pouco, todas as pezas da engrenaxe comezan a encaixar, 
e o noso Plan Anual de Lectura empeza a funcionar.  O  alumnado
 do  cole  xa comezou a  acudir á Biblioteca para disfrutar co 
primeiro empréstito do curso. 
A sumerxirse nos libros e gozar de moitas aventuras!!!!

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...