20 may 2016

Baile Letra Galegas

Baile Letras Galegas 2016


O director do centro preparou un baile para o día das Letras Galegas este ano dedicado ao escritor Manuel María.Bailamos a Roda e unha polca. Tamén cantamos xuntos "Galiza" de Manuel María.

Pasámolo moi ben! 

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS 2016


Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929.
No 1942 trasládase a Lugo para cursar o bacharelato e alí comeza a súa carreira literaria participando, con 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses".
Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes do faladoiro do café Méndez Núñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) e empaparse da realidade galega, tanto do interior como do exilio.

Nesta etapa da súa vida publica o seu primeiro poemario Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". No1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi.
Durante os anos sesenta e setenta participou na organización dos partidos políticos nacionalistas na clandestinidade e chegou a ser elixido concelleiro. No 1985 abandonou a militancia política para dedicarse á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, residiu en A Coruña onde faleceu o 8 de Setembro de 2004 aos 75 anos.
Consideráselle unha referencia no panorama literario galego.
Estas son as portadas dalgunhas das obras máis representativas do autor debuxadas polos nenos e nenas de 6º A



















16 may 2016

Videoxogos Manuel María

Videoxogos Manuel María- Letras Galegas

 Algúns coles da zona xunto con Ceapptica celebramos o Día Scratch e o Día das Letras Galegas programando Videoxogos baseados en poemas de Manuel María e así aunamos Poesía e Pensamento computacional.
No seguinte enlace podedes ver catro xogos elaborados por rapaces baseados nos poemas de Manuel María (Caracol, O burríño trotón, Señor Gato e O Cuco cuqueiro).
Gracias a Creapptica por compartir con nós estes traballos.
Pincha para xogar e escoitar os poemas.

Veideoxogos Manuel María



13 may 2016

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS


Contacontos Letras Galegas 
Co gallo da celebración do día das Letras Galegas, o noso cole contou coa presenza da actriz e contacontos Raquel Queizás que nos fixo pasar un rato moi agradable contándonos as súas divertidas historias, nesta ocasión os protagonistas eran Danieliño e a súa amiga Queliña.







Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...