29 abr 2016

Exposición Idade Antiga

A Idade Antiga

Durante esta semana na biblioteca ten lugar a exposición do alumnado de 6º sobre o seu traballo de historia na Idade Antiga.
Explicáronlle ao resto do alumnado como eran as costumes, os xogos as crenzas... en definitiva como era o modo de vida nestas civilizcións antigas: En Mesopotamia, Exipto, Grecia...
Aquí podedes ver unhas fotos dalgún momento da exposición.





23 abr 2016

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
    IV CENTENARIO DA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES,             WILLIAM SHAKESPEARE E GARCILASO DE LA VEGA
Para conmemorar este día tan importante no cole organizamos diversas actividades que se foron realizando ao longo de toda esta semana.
No vestíbulo do colexio formulamos unha pregunta ao noso alumnado:¿ Qué é un libro para ti?, partindo desta pregunta  foron expresando libremente o que para eles é un libro. Podían empregar todo tipo de técnicas artísticas, para iso tiñan a sús disposición diversos materiais.
Así quedou o noso panel de Expres- Arte sobre ¿qué é un libro para ti?



Tamén traballamos a figura de Cervantes  e a súa obra máis universal Don Quixote. Nas aulas tiñamos unha pequena selección de libros do Quixote adaptados para nenos. Coñecemos os personaxes máis importantes da obra de Cervantes fixándonos nun gran libro do Quixote que elaborramos no cole.




Apadriñamento lector,  celebramos o día 22 o día do libro apadriñando  os maiores  un neno ou nena ao/á que espertar, a través da lectura, o gusto pola mesma e o pracer de imaxinar.

 

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...