17 mar 2016

Bosque da poesía

BOSQUE DA POESÍA


Co motivo da celebración do día da poesía o vindeiro 21 de marzo o equipo de biblioteca propuxo adiantar para  esta última semana do trimestre (14-18 de marzo) a commemoración desta data.

A actividade proposta neste caso foi facer un bosque de poesía.

Na biblioteca colocamos unhas árbores simulando un pequeno bosque. No medio do bosque colocamos un baúl con libros de poesía para poder traballar con eles. Nas titorías repartimos as siluetas dunhas follas de difrentes cores nas que o alumnado foi escribindo poesías, ben copiadas ou de creación propia.
Posteriormente estas follas foronse colgando nas árbores do bosque para que todos as poidamos ler no noso recuncho do BOSQUE DE POESÍA.
 Aquí podedes ver algunhas fotos 









Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...