22 ene 2016

Exposición "A Prehistoria"

A PREHISTORIA
Dentro do proxecto levado a cabo polo alumnado de 6º "As etapas da Historia" incluímos as diferentes exposicións que ao longo do mesmo irán realizando ao resto do alumnado do colexio.

Hoxe venres comenzaron a súa exposición sobre a PREHISTORIA  na biblioteca para o alumnado de 1º e 2º.

Fixeron un moi bo traballo contando aos máis pequenos  cómo vivían os nosos antepados máis primitivos, qué comían , cales eran os seus hábitos de hixiene, os deportes, as roupas, as súas crenzas....
Mesmo fixeron pinturas rupestres e algúns útiles como arcos, frechas, cepillos de dentes....



20 ene 2016

Susa Herrera

EN CABÁRCENO SE SIGUE CANTANDO

Hoxe no cole tivemos a sorte de contar coa gran Susa Herrera.
Veu visitarnos para presentarnos o seu último libro "En Cabárceno se sigue cantando".
Pasamos unha hora moi dievertida cantndo e bailando.
Disfrutamos todos xuntos por medio da música e o movemento.



15 ene 2016

Novidades

 Como puidestes ver na Biblio fixemos un novo recuncho adicado a expositor das NOVIDADES. Esperamos que vos guste.


As novas incorporacións a este recuncho podedes velas a continuación.
Desexamos que sexan do voso agrado e que GOCEDES DA SÚA LECTURA.

                              

                        


                         

                          


11 ene 2016

Caixa Viaxeira

CAIXA VIAXEIRA

Continuando coa súa visita aos coles do Val miñor, chegou ao noso cole A CAIXA VIAXEIRA .
Esta caixa ven cheíña de libros con recomendacións feitas por nenos e nenas de todos os coles participantes nesta actividade. ademáis ven acompañada dun mapa do Val miñor no que aparecen sitúados os coles da zona e as sús mascotas de biblioteca para que poidades xogar con elas e colocalas nos coles correspondentes.
Deixovos unhas fotografías para que vexades...


  




Durante un tempo vai permanecer no cole para que poidamos ler e facer actividades con este material na sesión de biblioteca que cada aula ten asignada semanalmente.

Comezaremos polas aulas do 1º Ciclo.

Seguro que faremos cousas moi interesantes.

Un saúdo a tod@s e recordarvos que podedes deixar os vosos comentarios ao pe desta entrada se queredes...







Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...