23 abr 2015

Día do libro





Día do libro, 23 de abril

  


Hoxe celébrase en todo o mundo o día internacional do libro. O 23 de abril de 1616 falecían escritores de gran relevancia como, Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare, motivo polo que, a "Conferencia General da UNESCO" elixiu este día para render tributo aos libros.

Tamén nesta data se outorga no noso país, O Premio de Literatura en Lingua Castelá, Miguel de Cervantes que este ano, recaeu na figura literaria do barcelonés Juan Goytisolo, cultivador dunha variada obra en diferentes xéneros como novela, ensaio, memorias e libros de viaxes. Entre as súas producións máis recentes destacan Makbara (1980), La saga de los Marx (1993) e Carajicomedia (2000).

No noso centro quixemos conmemorar este día tan especial facendo Lecturas ao sol.

Deixámosvos unhas fotografías da actividade.
E non esquezades xamais o que moi sabiamente escribiu Cervantes

"EL QUE LEE MUCHO Y ANDA MUCHO, VE MUCHO Y SABE MUCHO"


Día do libro

Día do libro, 23 de abril

  

Hoxe celébrase en todo o mundo o día internacional do libro. O 23 de abril de 1616 falecían escritores de gran relevancia como, Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare, motivo polo que, a "Conferencia General da UNESCO" elixiu este día para render tributo aos libros.

Tamén nesta data se outorga no noso país, O Premio de Literatura en Lingua Castelá, Miguel de Cervantes que este ano, recaeu na figura literaria do barcelonés Juan Goytisolo, cultivador dunha variada obra en diferentes xéneros como novela, ensaio, memorias e libros de viaxes. Entre as súas producións máis recentes destacan Makbara (1980), La saga de los Marx (1993) e Carajicomedia (2000).

No noso centro quixemos conmemorar este día tan especial facendo Lecturas ao sol.


Deixámosvos unhas fotografías da actividade.
E non esquezades xamais o que moi sabiamente escribiu Cervantes

"EL QUE LEE MUCHO Y ANDA MUCHO, VE MUCHO Y SABE MUCHO"


21 abr 2015

2º reto







Página que pode axudar a  desarrollar o 2º reto proposto por Peiti e Eiros:


Boa sorte!!! 
Recordade meter as vosas respostas no buzón da Biblioteca ata o venres 24 de abril.

20 abr 2015

Resposta ao 1º Reto


¿Que celebramos o 23 de Abril?¿Por que?


 Celebramos o Día Internacional del Libro, é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co  obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A nivel internacional é promulgado por a UNESCO, que a empezou a promulgar por primera vez no 1995.  Celébrase cada 23 de abril dende 1996 en varios países, sendo en 2008 máis dun centenar.
O día 23 de abril foi elexido como Día do Libro e do Derecho de Autor, pois corresponde ao falecemento dos escritores Miguel de Cervantes,William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma fecha e no ano 1616 (aunque realmente non é así: Cervantes faleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentras que Shakespeare murreu o 23 de abril... do calendario xuliano, que corresponde ao 3 de maio do calendario gregoriano). En esta fecha también faleceron William Wordsworth (en 1850) y Josep Pla (en 1981). A Unión Internacional de Editores propuxo esta fecha a Unesco, co  obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do derecho de autor. 
Xa comrobamos que todos os cursos fostes quen de dar coa resposta correcta.
NORABOA A TODOS!!!


Museo científico Xuvenil

MUSEO CIENTÍFICO XUVENIL
O día 17 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, tivo a oportunidade de asistir ao Museo Científico Xuvenil, ofertado polo Concello de Gondomar e instalado durante unha xornada no noso colexio. Este museo interactivo espertou nos nenos, nenas e maiores, unha gran curiosidade polas ciencias e a natureza.
O museo reúne máis de 80 obxectos, distribuídos en 12 bloques temáticos, baixo o lema “prohibido non tocar”. Os enxeñeiros, Jesús Fernández e Mª José Gil, amosaron e explicaron de forma lúdica unha gran variedade de fenómenos científicos.
Estas son algunhas fotos do evento
Fotografía             Fotografía    
      Fotografía  
                         Fotografía                                                                                                                                                            

17 abr 2015

XIII Certame Literario


O alumnado de 6º está realizando as súas produccións literarias tanto de narrativa como de poesía para participar no  XIII Certame Literario "Diego Sarmiento de Acuña" Conde de Gondomar.


16 abr 2015

Cazatesouros 1º Reto

Estes días Peiti e Eiros saíron ós pasillos do cole para propoñer un reto ao noso alumnado. Neste mes no que andamos vaise celebrar algo moi especial e os nosos voceiros queren saber de que se trata e cal é o motivo desta celebración.
Fíxádevos moi ben no que vos din Peiti e eiros e se sodes quen de resolver as preguntas metede as respostas no buzón da Biblioteca.
OLLO!! non serven as respostas fora de pazo. 
Moita sorte e estade atentos porque están preparando outro reto para a vindeira semana.


HAI UNS VERSOS PARA MIN?

Para conmemorar o día da poesía o Equipo de Biblioteca suxeríu unha actividade chamada: HAI UNS VERSOS PARA MIN?. Esta actividade realizouse na hora de biblioteca que cada curso ten asignada e consistiu en que cada alumno seleccionou un libro de poesía  e despóis de lelo elixiu o  poema ou poesía que máis lle gustou.
A continuación entregámoslle unha ficha na que ecribiu a poesía seleccionada, indicando o nome do autor e o nome do libro no que a atopou. Despóis dobrou a ficha e metérona nun sobre de color no que debían por: PARA UNHA PERSOA ESPECIAL e deixalo dentro dunha caixa rotulada para tal fin.
As cartas son anónimas de modo que cada alumno na semana seguinte foi a biblioteca para ver se había uns versos para eles. Cada alumno elixiu un sobre  de entre todos os que había na caixa e leu a súa poesía agasallo recitándose na clase para todos.
Podedes ver algunhas fotos da actividade.

Ollando e seleccionando o libro 
lemos e eleximos a poesía


Escribimos a poesía elexida na ficha

Metemos a poesía no sobre
Deixamos o sobre na caixa( un montón de sobres de cores)


Vemos se hai versos e escollemos un sobre (o que máis nos guste)

Abrimos o sobre e atopamos o noso poema agasallo.


entre todos SEMENTAMOS POESÍA NO COLE"

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...