25 mar 2015

A Maxia de Xavi

Hoxe, 25 de marzo contamos no colexio coa actuación do mago Xavi que pertence a compañía Barafunda. Esta actividade foi financiada pola ANPA do noso cole e serviu como colofón a unha semana de actividades relacionadas coa poesía.  
Os alumnos e os profes gozamos moito con esta actividade que resultou moi interesante.
Aquí deixo unha foto dun momento da actuación. Máis fotos na Galería da Web do cole.


24 mar 2015

Ciencia na escola

CIENCIA NA ESCOLA
No mes de marzo puidemos contar coa presenza no noso colexio do profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Ruíz. A súa interesante actuación, axudounos a entender unha serie de fenómenos naturais que se producen ao noso arredor, mareas, eclipses, o día e a noite, e amosounos unha serie de instrumentos moi utilizados a nivel científico en todos os tempos.
 Gustounos moito a súa exposición da que deixamos constancia nesta galería de fotos.
   Fotografía Fotografía Fotografía Fotografía

19 mar 2015

Bául de Poesía

Durante toda esta semana os nosos voceiros Peiti e Eiros iconvídanvos a gozar cos libros de poesía que seleccionamos e están colocados dentro dun fermoso bául na nosa Biblioteca. Son un auténtico tesouro. Disfrutade e Sementade posía por todo o cole.



18 mar 2015

DÍA DA POESÍA (21 de marzo)

O vindeiro 21 de marzo celébrase o día da poesía.
Co gallo desta celebración o Equipo de biblioteca está preparando algunha actividade especial para levar a cabo ao longo da vindeira semana.

Recordade que na biblioteca hai unha selección de libros de poesía que podedes consultar e ler e tamén vos deixamos aquí unha serie de recursos que podedes empregar para traballar coa poesía.

PÁXINAS DE POESÍA

10 mar 2015

Día da muller traballadora


HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles, decidiu saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. No 1910, aprobouse na Segunda Conferencia Internacional de Mujeres Trabajadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca), declarar esta data como Día Internacional da Muller Traballadora.
O alumnado de 6º curso quere renderlles homenaxe a través dos seus escritos.
Facede clic na imaxe para ler os seus interesantes textos.



Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...