17 dic 2015

Reconmendacións de Nadal

Ao igual que vimos facendo estes últimos anos,  en colaboración  con outros coles do Val Miñor, elaboramos unhas tarxetas navideñas con recomendación lectoras para este Nadal .

Pinchade no seguinte enlace para ver e ler as tarxetas.

Tarxetas recomendacións Lectoras http://e.issuu.com/embed.html#2128878/31998322

10 dic 2015

Biblioteca Familiar

Un dos obxectivos que tiñamos dende o Equipo de Biblioteca era por en marcha  a Biblioteca Familiar. Está ubicada no hall do colexio, a carón da exposición permanente do noso padriño, Neira Vilas.
Nesta biblioteca hai unha pequena selección de libros que abranguen diferentes temas que poden ser de interese para as familias da Comunidade Educativa.
Para poder levar estes libros en préstamo hai que coller un impreso e cubrilo segundo as instruccións. Despóis asínase e deposítase na carpeta de impresos cubertos. O libro pode permanecer en préstamo un máximo de 15 días.
Se interesa algún libro que non aparece na biblioteca familiar poden facer a petición ao Equipo de biblioteca e tentaremos localizalo se o temos na biblioteca do colexio.

Esperamos que sexa do voso interese e que vos animedes a empregala.




3 dic 2015

Intercontos

Nesta Semana de animación á Lectura celebramos moitas actividades, contacontos, Intercontos, teatro...
Aquí podedes ver algunhas das fotos do alumnado de 1º e 2º interpretando os seus contos aos  seus compañeiros.
Fixérono moi ben.


2º A  representando "Dona Carmen"

1º A recitando poesías do libro "O xardín da nena" do noso padriño Neira vilas.

2º B Lendo unha obra de teatro.

1º B recraando a obra " A mosca chosca"




2 dic 2015

Contacontos Voltereta e Volvoreta

CONTACONTOS CON VOLTERETA E VOLVORETA

Pasamos unha xornada moi divertida e máxica coa actuación do dúo "Voltereta e Volvoreta" que nos fixeron gozar coa súa peculiar maneira de contar os contos "A sopa queima" e "Dona Carme". O alumnado do cole participou en cada unha das obras facéndoas máis divertidas e entretidas.
Aquí podedes ver algunhas fotos desta xornada.







1 dic 2015

Contacontos na biblioteca



CONTACONTOS CON GLORIA FUERTES

Dentro da semana de Animación á Lectura hoxe recibimos no cole un contacontos da man de María Carrera. 
Veunos falar do libro  "Hércules pasea con Gloria Fuertes" .

María chegou coa súa maleta cargada de contos. Contounos a historia de Gloria Fuertes pero dunha maneira moi divertida e así, a través do heroe Hércules, coñecemos un pouco máis da vida desta gran poetisa dos nenos e nenas. 
Antes de rematar tocamos a guitarra e cantamos todos xuntos, unha canción que ela escribiu "Un globo, dous globos, tres globos".



Pasámolo moi ben con esta actuación que puxo o broche final á esta sesión que tanto nos gustou e que nos descubriu unha poetisa moi peculiar.

29 nov 2015

Semana de Animación á Lectura

Esta vindeira semana, dende o luns 30 ata o venres 4 de decembro, celebraremos no colexio a 8ª  Semana de Animación á Lectura como homenaxe a nosa compañeira Josefa Fernández Fontenla.
Aquí podedes ver as actividades que están programadas para esta semana.
 

14 nov 2015

Contos e Cancións

CONTOS E CANCIÓNS PARA OS MÁIS PEQUENOS
O noso alumnado de 1º e 2º niveis de Primaria asistiu, o día 12, á Biblioteca de Gondomar para escoitar á contacontos Raquel Queizás coas súas historias tituladas "A maleta da avoa" e ao Auditorio Lois Tobío para seguir gozando coas cancións do grupo "Mamá Cabra".
Estas actividades foron organizadas por Espazo Lectura e nelas tamén participaron moitos dos colexios do Val Miñor.
Estiveron moi ben organizadas e os nosos nenos e nenas gozaron moito, especialmente coas historias de raíces nas lendas populares escenificadas por Raquel.
Aquí deixamos algunhas fotos. Nelas veredes as caras de ledicia que lles quedaron.
MOITAS GRAZAS A ESPAZO LECTURA!!!

3 nov 2015

A Biblioteca é un lugar para...

Co motivo de conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de outubro) no colexio fixemos durante toda a semana un percorrido pola nosa biblioteca e fomos vendo que cousas se poden atopar nela e que podemos facer neste lugar.
Foron saíndo accións como:

 SOÑAR
LER
RIR
ESTUDIAR
VIAXAR
INVESTIGAR
XOGAR
MERGULLARSE
.....
Para rematar entre todas as aulas do cole fixemos un mural con todas estas palabras ilustradas e colocamólo na parede  para que todos e todas o poidamos disfrutar.
Estos son algúns dos carteis que forman parte do mural






28 oct 2015

Lendo no Samaín

Durante esta última semana do mes de outubro , coincidindo co Samaín, no cole podemos disfrutar durante os recreos de lecturas de medo, misterio,pantasmas, ogros, etc

¡Se de medo queres morrer, escolle ben o que vas ler!




8 oct 2015

Día das bibliotecas escolares

24 de Outubro...

Día das Bibliotecas Escolares

Xa queda moi pouco para a celebración desta data tan especial.
Dende a Bilioteca estamos preparando algunhas actividades para comemorar esta data.
Xa vos iremos informando, de momento deixámovos o cartel  da campaña anual de bibliotecas escolares este curso 2015/2016.



Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  

25 sept 2015



BENVIDA CURSO 2015/2016



Benvid@s a un novo curso cheo de ilusións,proxectoshistorias e viaxes.

Viaxaremos  a través dos libros, vendo, explorando, escoitando,….enriquecendo as  aprendizaxes e a  personalidade do noso alumnado.




O vindeiro 1 de Outubro a biblioteca abre as súas portas para escomezar a viaxe!!!!!
 

6 may 2015

Contacontos

  IGNACIO VILARIÑO, CONTACONTOS
 Como  remate as actividades de celebración do día do libro, o día 28 de abril, puidemos gozar no colexio da actuación do contacontos Ignacio Vilariño, escritor, guionista, actor e titiriteiro de Lalín.
Ignacio Vilariño, gran admirador da cultura popular, presentounos un extracto da súa obra Fábula Galénica, na que o personaxe central é o burro da tía Lola.

Durante a súa actuación, fixo referencia ás historia do italiano Gianni Rodari e cantou acompañado do seu uquelele, a canción “O burro enfermo”, tamén interpretada pola cantante madrileña Rosa León.

Aquí podedes ver algunhas fotos da actuación de Ignacio

Fotografía FotografíaFotografíaFotografía

 Podedes ver a canción neste vídeo.




23 abr 2015

Día do libro





Día do libro, 23 de abril

  


Hoxe celébrase en todo o mundo o día internacional do libro. O 23 de abril de 1616 falecían escritores de gran relevancia como, Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare, motivo polo que, a "Conferencia General da UNESCO" elixiu este día para render tributo aos libros.

Tamén nesta data se outorga no noso país, O Premio de Literatura en Lingua Castelá, Miguel de Cervantes que este ano, recaeu na figura literaria do barcelonés Juan Goytisolo, cultivador dunha variada obra en diferentes xéneros como novela, ensaio, memorias e libros de viaxes. Entre as súas producións máis recentes destacan Makbara (1980), La saga de los Marx (1993) e Carajicomedia (2000).

No noso centro quixemos conmemorar este día tan especial facendo Lecturas ao sol.

Deixámosvos unhas fotografías da actividade.
E non esquezades xamais o que moi sabiamente escribiu Cervantes

"EL QUE LEE MUCHO Y ANDA MUCHO, VE MUCHO Y SABE MUCHO"


Día do libro

Día do libro, 23 de abril

  

Hoxe celébrase en todo o mundo o día internacional do libro. O 23 de abril de 1616 falecían escritores de gran relevancia como, Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare, motivo polo que, a "Conferencia General da UNESCO" elixiu este día para render tributo aos libros.

Tamén nesta data se outorga no noso país, O Premio de Literatura en Lingua Castelá, Miguel de Cervantes que este ano, recaeu na figura literaria do barcelonés Juan Goytisolo, cultivador dunha variada obra en diferentes xéneros como novela, ensaio, memorias e libros de viaxes. Entre as súas producións máis recentes destacan Makbara (1980), La saga de los Marx (1993) e Carajicomedia (2000).

No noso centro quixemos conmemorar este día tan especial facendo Lecturas ao sol.


Deixámosvos unhas fotografías da actividade.
E non esquezades xamais o que moi sabiamente escribiu Cervantes

"EL QUE LEE MUCHO Y ANDA MUCHO, VE MUCHO Y SABE MUCHO"


Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...