29 abr 2014

Xogo do Ka-Kao

Dentro do eixo transversal da "Educación para o consumo", no terceiro Ciclo realizamos unha actividade moi divertida relacionada co comercio xusto e a sobre explotación dos recursos naturais.
Tendo como base fundamental o continente Africano e un producto como o Chocolate que tanto lles gusta realizamos un xogo da oca .
Antes de comezar a xogar proxectouse un vídeo que a través de dous protagonistas moi especiais KA e KAO (grans de cacao) foron explicando o cultivo e tratamento do cacao ata elaborar o chocolate. Seguidamente sobre un taboleiro de 2x4 m xogamos a Oca. Os rapaces dividíronse en 4 grupos e catro deles sobre o taboleiro eran as fichas. Tiraban o dao e ían avanzando realizando as diferentes probas e superando os distintos obstáculos.
Os gañadores recibiron como agasallo "Chocolate de comercio xusto".
¡Foi moi divertido! 





Para rematar fíxéronnos este agasallo no que KA  pide que non nos esquenzamos de África.

25 abr 2014

O Camiño das palabras

Tras rematar o tempo da lectura, entre todo o alumnado do colexio fixemos o "camiño das palabras". Para isto , a cada alumno/a se lle entregou a silueta dun libro, neste libro tiñan que escribir unha palabra que debían atopar nunha páxina e renglón determinado do seu libro. 
Unha vez escrita a palabra decorárona, recortaron a silueta e pegáronas polos pasillos, a modo de libros voadores, dende as súas aulas ata chegar o mural exposto na biblioteca.

Así foron facendo o camiño das palabras.

                                                     

   





Lecturas ó Sol

Para rematar coas actividades da celebración do Día do Libro, hoxe realizamos as dúas actividades que nos quedaban.
As 12:35 fixemos no patio 10 minutos de lectura , o nome da actividade era "Lecturas ó sol", aínda que o sol non quixo acompañarnos, nós gozamos deste tempo de lectura colectiva moi concentrados e  mergullándonos nas aventuras dos nosos libros.
Mirade algunha das fotos deste fermoso momento.






24 abr 2014

Os Libros Voadores

Seguindo coas actividades progamadas para a celebración do Día do Libro, o xoves 24 de abril proxectamos para todo o alumnado o corto de animación 3D "Los libros Voladores", historia gañadora dun Óscar e que pon de manifesto a importancia dos libros nas nosas vidas.

Posteriormente nas aulas traballouse o corto, fixéronse a suas propias historias de libros voadores, ilustrcións do que máis lles gustou, descripción de distintas imaxes do corto, ...
Ademáis na biblioteca colocouse un mural representativo deste corto que nos servirá para a realización doutra actividade que se realizará o próximo día.

Aquí vos deixamos o corto para que o poidades ver.



Na seguinte foto podedes apreciar o mural que colocamos na biblioteca. 


23 abr 2014

Un Conto Máxico

Hoxe 23 de abril, Día do Libro, no colexio tivemos unha actuaión moi especial para celebrar este día.
Tivemos a visita de Javier Muro, un mago e contacontos que a través da historia dun rapaz chamado Lolo que quería ser mago nos deixou abraidos cos seus trucos de maxia. O título desta actuación é  Un Conto Máxico, a través desta historia decatámonos do importantes que son os libros nas nosas vidas, incluso para aprender MAXIA.




11 abr 2014

Preparando o Día do Libro

Falta moi pouco para celebrar o Día do Libro e, no cole estivemos preparando algunhas actividades para esta celebración do 23 de abril.
Ao longo de toda a semana imos contar coas seguintes actividades:

  • Mércores 23 de abril
Concerto  "Uxía Pequeniña"no Auditorio Lois Tobío as 10:30 para o 1º Cilo. 
As 12:35 , no ximnasio , para todo o cole a actuación "Un conto Máxico".
  • Xoves 24 de abril
Despóis do recreo , Proxección do corto animado "Los Libros voladores"
  • Venres 25 de abril
As 12:35 "Lecturas ao sol", no patio para todos.
 Seguidamente "O camiño das palabras"

¡Esperamos que sexan do voso agrado!.

9 abr 2014

¿Quen é o autor/a?

Dende hai uns días os alumnos/as de 3º buscan ós autores/as das poesías que lles tocaron dentro do seu globo no "día da Poesía". Para iso colocaron un cartel no corcho da Biblioteca con toda a información.
Non pasedes de longo e fíxadevos ben a ver a se a vós a quen buscan.



 MOITA SORTE NA BÚSQUEDA!!!

4 abr 2014

Maleta Viaxeira

Xa está no noso Cole a "Maleta Viaxeira  de Banda Deseñada" , recollémola o día 1 de abril no CFR (Centro de Formación de Recursos) e estará connosco ata o 19 de maio.
A maleta vai estar viaxando polo 2º e 3º Ciclo, está chea de cómics   para que poidamos ler e aprender todo o relacionado coa elaboración dos mesmos.
Esperamos aprender moito e sobre todo gozar coa súa lectura.


1 abr 2014

LIBROS RECOMENDADOS

      AQUÍ DEIXAMOS DÚAS RECOMENDACIÓNS PARA OS BOS LECTORES                     

TITULO: ¡Secuestrado!

AUTOR: Dominique Gardé

EDITORIAL: Misterio Trebol Rojo

ANO PUBLICACIÓN: --------------------


RESEÑA:

Unha nena, chamada Karim e un neno chamado Nicolás, quedan o dia da cabalgata co seu amigo Frank para vela pero Frank non aparece...Que pasaría?

Este libro o recomendo aos que lle guste o misterio. E xenial se te engancha o acabas lendo en moi pouco tempo!

 
TITULO: Los bocadillos de rata

AUTOR:
David Walliams

EDITORIAL:
Montena
ANO PUBLICACION: 2013 (xuño)

RESEÑA:

Zoe é unha nena que vive co o seu pai e Sheila, a súa madrastra. O seu pai está no paro e sempre vai ao “pub” e a súa madrastra non a quere. Un día o seu xamster morre pero encontra unha rata, que decide chamala Armitage. Sheila chama a un exterminador e vendedor de hamburguesas para exteminar a Armitage ...Que pasara despois????

Volo recomendo. Eu o comecei a ler e non puiden parar de lelo ata rematalo.


CLARA 6º A

 
TITULO: La abuela ganster

AUTOR:
David Walliams

EDITORIAL:
Montena

ANO PUBLICACIÓN:
2013

RESEÑA

Ben é un neno que os venres ten que ir a durmir coa súa avoa porque os seus pais van a ver un concerto de baile. El pensa que a súa aboa é aburrida porque sempre xoga a o scrabel ou lle fai sopa de repolo. Ata que un venres a súa avoa lle conta que é unha ganster!! e que soñaría con roubar as xoias da coroa, e Ben lle dice que poderían facelo xuntos, a avoa acepta... O conseguiran???
O recomendo porque é moi divertido e non paras de lelo ata acabalo.



Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...