31 ene 2014

Intercambio de "Billetes lectores"

Como nos viñan anunciando os nosos voceiros , Peiti e Eiros, ao longo da semana, hoxe fixemos o intercambio dos billetes lectores por agasallos.
Recordamos que  por cada 10 selos no "Caderno de Lector" (otorgados despois de ler un libro e facer o seu correspondente resumo)  entregamos un billete que posteriormente será canxeado por un agasallo.

Os fies lectores do noso cole viñeron recoller os seus agasallos a Biblioteca durante o recreo. Aquí podedes ver algunhas fotos.



¡¡NORABOA E A SEGUIR LENDO!!

27 ene 2014

Día da Paz

Con motivo da celebración do "Día da Paz Escolar " o vindeiro xoves, 30 de xaneiro,  na Bilioteca temos seleccionados moitos libros sobre a PAZ, TOLERANCIA, CONVIVENCIA, DEREITOS... que poden ser empregados para tatar todos estes temas e traballar sobre eles nas aulas. 
A nosa amiga a pomba "PAZ"  recordábanos onde os podíamos atopar.


Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...