12 dic 2014

Chega o Nadal

Xa non falta nada para que celebremos o Nadal e no colexio xa nos estamos preparando. Chegaron as estrelas viaxeiras e decoraron todos os corredores do cole e ademáis xa decoramos a nosa árbore  de Nadal . Mirade que bonito luce o noso cole nestas datas.

Estrelas viaxeiras decorando os corredores



5 dic 2014

Intercontos

Dentro das actividades programadas na semana Homenaxe a profesora Josefa Fernández Fontenla realizamos os INTERCONTOS, unha serie de contos que os alumnos dos distintos niveis representan para os seus compañeiros.
Aquí podedes ver algunhas fotos.

Alumnado de 2ºB representando "A qué sabe a Lúa?"




Alumnado de 1º B "Se eu fose moi alto"



Alumnado de 1º A "O arco da Vella"


O alumnado de 5º fixo a presentación de contos  elaborados por eles mesmos

O alumnado de 6º fixo recitado de poesías e un rap sobre a reciclaxe.




Micorrelatos de 6º


MICRORRELATOS CURSO 2014-2015

O alumnado de 6º convídavos a gozar cos seus orixinais relatos. Non vos perdades esta nova entrega. 
Fai clic para ler nesta imaxe













2 dic 2014

Visita de Tokio

Dentro das actividades da Semana Animación a Lectura contamos coa presencia de Alfredo López (Tokio) que nos  contou como se elaboran os cómics. 
Foi unha charla moi interesante e productiva na que aprendemos moitas cousas sobre a Banda Deseñada e na que gozamos cos seus debuxos.
Para finalizar agasallounos cun dos debuxos creados durante a sesión e que nós colocamos nun dos corredores de acceso a biblioteca.
Aquí podedes ver o debuxo co que ilustrou a historia que nos contou.
Moitas grazas Alfredo.


28 nov 2014

Noite de teatro


Esta noite teatro no CEP Xosé Neira Vilas


PODEREMOS GOZAR DUNHA DIVERTIDA OBRA A CARGO DO GRUPO DE TEATRO ESCOITADE DEVALADARES
AGARDAMOS A VOSA PRESENZA

12 nov 2014

Semana Homenaxe

Como cada ano por estas datas no cole estamos a preparar a Semana Homenaxe a nosa compañeira "Josefa Fernández Fontenla".
Este ano celebraremos a  7ª  xornadas de animación a lectura como homenaxe a profesora Josefa  e podedes ver o cartel coas actividades programadas.

 Durante unha semana, alumnado e profesorado, rendirán homenaxe a Josefa, celebrando os seguintes actos

29 oct 2014

Lecturas de Samaín

O SAMAÍN xa está aquí e para gozar durante os recreos de aventuras  arrepiantes fixemos unha selección de libros de misterio, medo, bruxas, monstros , pantasmas e outros seres aterradores.







"SE DE MEDO NON QUERES MORRER, ESCOLLE BEN O QUE VAS LER"


24 oct 2014

Mochilas Viaxeiras


 MOCHILAS VIAXEIRAS  LISTAS PARA  PERCORRER OS FOGARES
As Mochilas viaxeiras xa están preparadas para visitar as
 casas de todo o alumnado de 2º, 4º e 6º. Este luns comezarán
 a súa viaxe. O propósito, coma sempre, gozar da lectura
 e compartir momentos en familia.

FELICES MOMENTOS ARREDOR DOS LIBROS!

Día das Bibliotecas escolares 2014/1015




 Conmemoramos o 
Día das Blibliotecas Escolares.Nos ven
 que nin pintada esta viñeta do humorista gráfico Quino,
 Premio Principe de Asturias de Comunicación 2014 pola
 súa obra e, especialmente, pola recoñecida tira cómica 
de Mafalda.   
A que ten razón ?




Nós acordamos conmemorar esta data coa entrega
 dos carnés de biblioteca ao alumnado que comezou
 en primeiro este curso.
Ademáis aproveitamos para recordar as normas de biblio
 e entregar a todo ó alumnado un tríptico coas normas e funcionamento da mesma.

¡A GOZAR MOITO DA NOSA FERMOSA BIBLIOTECA!

17 oct 2014

Día das Bibliotecas Escolares



A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo David Pintor

Poética Matemática


Nesta entrada podedes ver algúns recursos  relacionados coas matemáticas e coa poesía. 


As matemáticas están presentes na vida cotiá, tamén na ficción  e mesmo na poesía. As bibliotecas escolares comezan a compartir recursos moi diversos para facer efectivo o lema deste curso "Biblioteca escolar... matemático!". Destacamos algúns deles relacionados coas  matemáticas e a poesía. 


12 may 2014

Visita de Anxo Moure

Hoxe tivemos a visita de Anxo Moure, como xa  vos avisamos estos días a súa visita enmárcase na semana das Letra Galegas. Anxo acode ao colexio da man de Consorcio Editorial para contarnos o seu conto "A xacia Luviñas".É unha historia de temática "medioambiental" co que pretende concienciar sobre os problemas da contaminación nos nosos ríos".
Ademáis deixounos de agasallo palabras en galego como: BATUXO, XACIA, SOBREIRA...
Disfrutamos moito coa súa actividade xa que estivo chea de sorpresas.
Aquí deixamos algunhas fotos.


Como vedes  pescamos ...

Visitounos o lobo ¡Que medo!

 E tamén bailamos coa música da natureza.

ATA A PRÓXIMA!

7 may 2014

A xacia Luviñas


A XACIA LUVIÑAS
Ola a todos e todas, hoxe queremos falarvos dun conto que nos acaba de chegar ao cole da man de Consorcio Editorial Galego. É de Anxo Moure, cunhas fermosas ilustracións de Cristina Ouro.
Pois ben, preparádevos porqueo luns, 12 de maio, Anxo Moure vainos amosar este conto na Biblioteca. Seguro que a xacia Luviñas conseguirá que reflexionemos sobre o noso comportamento co medio ambiente e tamén cos amigos que nos arrodean e nos queren.

HORARIO: (Son sesións de entre 30 e 40 minutos)

12:35 - 13:10 (1º e 2º)
13:10 - 13:40 (3º e 4º)
13:40 - 14:10 (5º e 6º)


¿Estades preparados e preparadas? 
¿Haberá sorpresa? 
¿Haberá preguntas máis tarde? 
Mmmmm, todo é un misterio. 
Prestade atención estes días...

29 abr 2014

Xogo do Ka-Kao

Dentro do eixo transversal da "Educación para o consumo", no terceiro Ciclo realizamos unha actividade moi divertida relacionada co comercio xusto e a sobre explotación dos recursos naturais.
Tendo como base fundamental o continente Africano e un producto como o Chocolate que tanto lles gusta realizamos un xogo da oca .
Antes de comezar a xogar proxectouse un vídeo que a través de dous protagonistas moi especiais KA e KAO (grans de cacao) foron explicando o cultivo e tratamento do cacao ata elaborar o chocolate. Seguidamente sobre un taboleiro de 2x4 m xogamos a Oca. Os rapaces dividíronse en 4 grupos e catro deles sobre o taboleiro eran as fichas. Tiraban o dao e ían avanzando realizando as diferentes probas e superando os distintos obstáculos.
Os gañadores recibiron como agasallo "Chocolate de comercio xusto".
¡Foi moi divertido! 





Para rematar fíxéronnos este agasallo no que KA  pide que non nos esquenzamos de África.

25 abr 2014

O Camiño das palabras

Tras rematar o tempo da lectura, entre todo o alumnado do colexio fixemos o "camiño das palabras". Para isto , a cada alumno/a se lle entregou a silueta dun libro, neste libro tiñan que escribir unha palabra que debían atopar nunha páxina e renglón determinado do seu libro. 
Unha vez escrita a palabra decorárona, recortaron a silueta e pegáronas polos pasillos, a modo de libros voadores, dende as súas aulas ata chegar o mural exposto na biblioteca.

Así foron facendo o camiño das palabras.

                                                     

   





Lecturas ó Sol

Para rematar coas actividades da celebración do Día do Libro, hoxe realizamos as dúas actividades que nos quedaban.
As 12:35 fixemos no patio 10 minutos de lectura , o nome da actividade era "Lecturas ó sol", aínda que o sol non quixo acompañarnos, nós gozamos deste tempo de lectura colectiva moi concentrados e  mergullándonos nas aventuras dos nosos libros.
Mirade algunha das fotos deste fermoso momento.






Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...