30 dic 2013

Semana homenaxe a nosa compañeira "Josefa Fernández "

Dentro da celebración da 6º semana homenaxe a "JOSEFA FRENÁNDEZ FONTENLA"  programáronse unha serie de actividades de animación a lectura entre as que se atopan:

INTERCONTOS:  Elaboración e interpretación de contos entre as distintas clases. como tódolos anos ten unha grande aceptación e os alumnos/as participan con moita ilusión contando os seus contos ao resto de compañeiros.
aquí vos mostramos unha foto. 




SUSA HERRERA NO COLE!!



Si durante este fin de semana escoitades aos vosos/as fillos/as tararear cancións sobre animais é porque seguro que aínda recordan as cancións que  interpretou no cole Susa Herrera.  A verdade é que contar coa  presencia de profesionais como Susa é un agasallo  e todo un luxo.
Disfrutamos un montón, tanto eles (os nenos e nenas), como nós (os profes), xa que nos tocou cantar e bailar a todos/as as cancións do seu libro "En Cabárceno se oye cantar" 



25 dic 2013

Contacontos

Pepiña Xoaniña quería voar, esta foi a actución que nos afreceu  o grupo de teatro Barafunda. Unha divertida historia na que ademáis puidemos disfrutar de globoflexia xa que algúns dos animais protagonistas da mesma eran realizados en directo con globos.
Gustounos moito e pasámolo moi ben.
Aquí podedes ver algunhas das fotos.



Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...