28 oct 2013

Semana do Samaín

Durante esta semana nas tardes de biblioteca imos ler unha pequena selección de libros de misterio e decorar debuxos de bruxas, cabazas, pantasmas....
Ímolo pasar de MEDO!!!!



11 oct 2013

Día das Biblioteca Escolares



O vindeiro 24 de outubro celebraremos o día das Bibliotecas escolares. 
 O cartel ilustrativo elixido para este curso 2013/2014, ten como lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...