18 sept 2013

Visita do noso Padriño


O RECUNCHO DO NOSO PADRIÑO

Se xa tiña un oquiño no noso corazón, desde agora Xosé Neira Vilas ten un recuncho no noso colexio, un espazo que recompila toda a súa produción literaria e que comparte coa súa dona Anisia Miranda, madriña da biblioteca do centro.




A súa presenza cólmanos de  ledicia.



Agardamos siga enchendo os andeis deste recuncho cos seus libros e as mentes de todos e todas coas súas palabras.

9 sept 2013

UN XEITO AMENO DE APRENDER ORTOGRAFÍA


A través do blog Vigopeques coñecemos este recurso que pode resultar moi interesante para reforzar o traballo coa ortografía.

Trátase dun cómic no que, a través das conversas dos seus protagonistas (Orto e Despi) os rapaces poderán coñecer e lembrar as principais normas ortográficas da lingua castelá.

Este material foi elaborado por Francisco Javier de la Cruz, e publícase naRevista Digital da Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León.

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...